Saltar ao contido

Nicolás Maduro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaNicolás Maduro

(2023) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento23 de novembro de 1962 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
Caracas Editar o valor en Wikidata
30º Secretario Xeral do Movemento de Países Non Aliñados
17 de setembro de 2016 – 25 de outubro de 2019
← Hassan Rouhani – İlham Əliyev →
Presidente temporal de Unasur
23 de abril de 2016 – 21 de abril de 2017
← Tabaré Vázquez – Mauricio Macri →
46º Presidente de Venezuela
5 de marzo de 2013 – 3 de xaneiro de 2026
← Hugo Chávez – Delcy Rodríguez →
Vicepresidente de Venezuela
13 de outubro de 2012 – 5 de marzo de 2013
← Elías Jaua – Jorge Arreaza →
Ministro de Relacións Exteriores de Venezuela
9 de agosto de 2006 – 13 de outubro de 2012
← Alí Rodríguez Araque – Elías Jaua →
Nomeado por: Hugo Chávez
Presidente da Asemblea Nacional de Venezuela
5 de xaneiro de 2005 – 7 de agosto de 2006
← Francisco Ameliach – Cilia Flores →
Member of the 1999 National Constituent Assembly of Venezuela (en) Traducir
1998 – 31 de xaneiro de 2001 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaPalacio de Miraflores (2013–2026)
Metropolitan Detention Center Brooklyn Editar o valor en Wikidata
Ideoloxía políticaChavismo Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoAcción política, político e socialismo de estado Editar o valor en Wikidata
Ocupacióndiplomático, condutor de autobús, parlamentario, sindicalista, político, ministro de relacións exteriores Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPSUV (2007–)
Movimiento V República (1997–2007)
Movemento Bolivariano Revolucionario - 200 (1994–1997)
Liga Socialista de Venezuela (1977–1994) Editar o valor en Wikidata
Outro
CónxuxeCilia Flores (2013–) Editar o valor en Wikidata
FillosNicolás Maduro Guerra Editar o valor en Wikidata
Condenado porcorrupción (2018)
→ (encarceramento) Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
3 de xaneiro de 2026arresto de Nicolás Maduro Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm5617805 Facebook: NicolasMaduro Twitter: NicolasMaduro Instagram: nicolasmaduro Telegram: NicolasMaduroMoros Youtube: UC0AjCEhD2utJWBXNfqS-sTA TikTok: nicolasmadurom Spotify: 1uwcq6PqNbUvG5hXhK1GBe Apple Music: 1524372880 Editar o valor en Wikidata

Nicolás Maduro Moros, nado en Caracas o 23 de novembro de 1962, é un político venezolano e presidente de Venezuela dende 2013 ata a súa captura en 2026.[1] Anteriormente tamén ocupou os cargos de ministro de relacións exteriores (2006 - 2013) e vicepresidente de Venezuela (2012 - 2013) baixo a presidencia de Hugo Chávez.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou como condutor de autobuses e converteuse en líder sindical antes de ser elixido para a Asemblea Nacional no ano 2000. Membro do Partido Socialista Unido de Venezuela (PSUV), foi nomeado para varios cargos con Hugo Chávez,[2] como presidente da Asemblea Nacional, ministro de relacións exteriores e vicepresidente con Chávez.

Como vicepresidente, Maduro asumiu as funcións administrativas e económicas de Venezuela durante a doenza do presidente Hugo Chávez. Ao morrer Chávez o 5 de marzo de 2013, Maduro asumiu o cargo de «presidente encargado de Venezuela» até a celebración de eleccións presidenciais. Ante esta situación, os medios de comunicación internacionais destacaron que, segundo a Constitución venezolana non sería o vicepresidente Maduro senón Diosdado Cabello, presidente da Asemblea Nacional quen tería que asumir a presidencia interina da república.[3][4][5]

Maduro asumiu a presidencia despois da morte de Chávez e gañou as eleccións presidenciais extraordinarias de 2013. Gobernou Venezuela por decreto dende 2015 a través dos poderes que lle outorgou a lexislatura do partido gobernante.[6]

Durante os dez anos no poder de Nicolás Maduro, de 2013 a 2023, rexistráronse máis de 45.000 casos de violacións dos dereitos humanos e polo menos 10.085 execucións extraxudiciais por parte das forzas de seguridade, cunha alta letalidade policial e militar centrada nos barrios da clase traballadora. Documentáronse torturas e tratos crueis, que afectan gravemente a mulleres novas e pobres.[7] Na véspera dun terceiro mandato, Venezuela intentou unirse aos BRICS como membro asociado, pero foi vetada polo seu homólogo brasileiro, Luiz Inácio Lula da Silva (un país membro fundador), por violar os Acordos de Barbados e carecer de garantías democráticas.[8][9]

O 3 de xaneiro de 2026, o presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, afirmou que Nicolás Maduro fora capturado polas forzas estadounidenses despois do bombardeo de varias localizacións.[10][11]

  1. ↑ "Venezuela latest: Trump says US is going to 'run' Venezuela after capturing President Maduro". BBC News (en inglés). 2026-01-03. Consultado o 2026-01-03.
  2. ↑ Córdoba, José de; Vyas, Kejal (2012-12-09). "Venezuela's Chávez to Undergo Cancer Surgery". Wall Street Journal (en inglés). ISSN 0099-9660. Consultado o 2026-01-03.
  3. ↑ "Cabello debe ser el sucesor de Chávez, según la ley"
  4. ↑ "Maduro y Cabello: ¿guerra abierta o pacto secreto?" Arquivado 10 de marzo de 2013 en Wayback Machine. Clarín.
  5. ↑ "Maduro aparta a su rival Cabello de la sucesión" ABC.
  6. ↑ "Venezuelan president Maduro given power to rule by decree". The Washington Post (en inglés). 2013-11-19. ISSN 0190-8286. Consultado o 2026-01-03.
  7. ↑ Vinogradoff, Ludmila (2024-05-21). "La década oscura de Nicolás Maduro: más de 45.000 casos de violaciones a los derechos humanos y 10.000 ejecutados por las fuerzas de seguridad". Clarín (en castelán). Consultado o 2026-01-03.
  8. ↑ Gilbert, Abel (2024-10-27). "Lula y Maduro: de la confianza a la enemistad". El Periódico (en castelán). Consultado o 2026-01-03.
  9. ↑ Gortázar, Naiara Galarraga (2024-10-25). "Brasil dice que vetó a Venezuela en los BRICS porque abusó de su confianza tras las elecciones". El País América (en castelán). Consultado o 2026-01-03.
  10. ↑ "Trump anuncia la captura de Maduro y su esposa tras ataques militares en Venezuela". www.univision.com (en castelán). 2026-01-03. Consultado o 2026-01-03.
  11. ↑ Munar, Daniela Gutiérrez (2026-01-03). "Delcy Rodríguez confirma captura de Nicolás Maduro y su esposa: exige prueba de vida y habla de bajas militares". El Tiempo (en castelán). Consultado o 2026-01-03.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]