Saltar ao contido

Pearse Hutchinson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPearse Hutchinson
Biografía
Nacemento16 de febreiro de 1927 Editar o valor en Wikidata
Glasgow, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte14 de xaneiro de 2012 Editar o valor en Wikidata (84 anos)
EducaciónUniversity College Dublin Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónlingüista, poeta, tradutor Editar o valor en Wikidata
Membro de

Bitraga: 1099

Pearse Hutchinson, nado en Glasgow o 12 de xullo de 1927 e finado o 14 de xaneiro de 2012, foi un poeta e tradutor irlandés.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

O seu pai era Harry Hutchinson, un escocés que traballaba nunha imprenta en Dublín, que logo emigrou na procura de traballo a Escocia e que chegou a ser o tesoureiro do Sinn Féin. Entre os anos 1919 e 1921 estivo internado no Campo de Internamento de Frongoch. A súa nai, Cathleen Sara, naceu en Cowcaddens, Glasgow, pero os seus pais eran emigrantes irlandeses de Donegal. Tamén era amiga de Constance Markievicz. En resposta a unha carta de Cathleen, Éamon de Valera atopou traballo en Dublín para Harry como vendedor na Bolsa de Traballo, e máis tarde ocupou un posto na Stationery Office.

Cando Pearse tiña cinco anos, a familia mudouse a Dublín e foi un dos últimos rapaces en ser matriculado na Scoil Éanna antes de que pechase. Despois foi á escola Synge Street CBS, onde aprendeu irlandés e latín. Un dos seus mellores amigos era o poeta e crítico literario John Jordan. En 1948 acudiu á University College Dublin e aprendeu italiano e castelán.

Despois de publicar algúns poemas na revista The Bell, a súa produción poética viuse moi influenciada por unhas vacacións que pasou en Portugal e España no ano 1950. Unha breve visita a Vigo, púxoo en contacto por vez primeira coa cultura de Galiza. Máis tarde, en Andalucía, ficou abraiado polas súas paisaxes e por obras de poetas como Federico García Lorca, Emilio Prados e Luis Cernuda.

En 1951, deixa Irlanda novamente, decidido en marchar a vivir a España. Ó non poder conseguir traballo en Madrid, marchou a Xenebra, onde traballou como tradutor na Organización Internacional do Traballo e tomou contacto con exiliados cataláns. Unha invitación dun amigo neerlandés levouno de visita ós Países Baixos, para a cal aprendeu a lingua neerlandesa de xeito autodidacta.

En 1953, volveu a Irlanda e comezou a interesarse na poesía en lingua irlandesa de escritores como Piaras Feiritéar e Aonghus Fionn Ó Dálaigh. En 1954, publicou unha serie de poemas en irlandés na revista Comhar. No mesmo ano viaxou de novo á Península Ibérica, esta vez a Barcelona, onde aprendeu catalán e tamén galego. Tamén chegou a coñecer a poetas cataláns como Salvador Espriu e Carles Riba. Xunto co poeta británico P. J. Kavanagh, organizou unha lectura de poesía en lingua catalá no Instituto Británico.

En 1957 retorna ó seu país, pero volve a Barcelona en 1961 e continúa apoiando ós poetas cataláns. Por invitación de Joan Gili, traduciu algúns poemas de Josep Carner e así chegou a súa primeira publicación en 1962, unha colección de trinta poemas de Carner en catalán e inglés.

Volta a Irlanda

[editar | editar a fonte]

En 1963 publica en Irlanda a súa primeira colección de poemas orixinais en lingua inglesa titulado Tongue Without Hands. En 1967, despois de vivir case dez anos en España, Hutchinson volve definitivamente a Irlanda e consolídase como poeta e escritor en inglés e irlandés. En 1968, publica a colección de poemas Faoistin Bhacach e ó ano seguinte Expansions. En 1970 publica Friend Songs, unha colección de composicións medievais traducidas ó inglés e que estaban orixinalmente en galego-portugués. En 1972 publica Watching the Morning Grow e en 1975 The Frost Is All Over.

Entre 1977 e 1978 traballa como locutor de radio no programa semanal da Raidió Teilifís Éireann Oró Domhnaigh, que versaba sobre a poesía, música e cultura de Irlanda. Tamén traballou como columnista na revista RTÉ Guide durante uns dez anos. En 1981 e coa colaboración de Melita Cataldi, traduciu antigas cancións irlandesas ó italiano e en 1985 saca unha nova colección de traducións do irlandés, italiano e galego titulada Climbing the Light. Outros traballos notábeis son Le Cead na Gréine (1989), The Soul that Kissed the Body (1990), Barnsley Main Seam (1995), Collected Poems (2002), Done Into English (2003), At Least For A While (2008).Tamén foi membro da institución cultural Aosdána.

  • Josep Carner: Poems (Oxford, The Dolphin Press, 1962)
  • Tongue Without Hands (Dublin, The Dolmen Press, 1963)
  • Faoistin Bhacach (Baile Átha Cliath, An Clóchomhar, 1968)
  • Expansions (The Dolmen Press, 1969)
  • Watching the Morning Grow (Dublin, The Gallery Press, 1972) ISBN 0-904011-00-3
  • The Frost is all Over (The Gallery Press, 1975) ISBN 0-902996-34-7
  • Selected Poems (Oldcastle, Co Meath, The Gallery Press, 1980) ISBN 0-904011-28-3
  • Climbing the Light (The Gallery Press, 1985) ISBN 0-904011-86-0
  • The Soul that Kissed the Body: Selected Poems in Irish with translations into English (Dublin, The Gallery Press, 1990) ISBN 1-85235-060-1
  • Le Cead na Gréine, (An Clóchomhar, 1992)
  • Barnsley Main seam (The Gallery Press, 1995) ISBN 1-85235-155-1
  • Collected Poems (The Gallery Press, 2002) ISBN 1-85235-312-0
  • Done Into English: Collected Translations (Dublin, The Gallery Press, 2003) ISBN 1-85235-315-5
  • At Least For A While (The Gallery Press, 2008) ISBN 978-1-85235-448-0
  • Mooie rode zijden liefde/Beautiful red silk love, bilingual: English/Dutch, translators: Joris Iven e Peter Flynn (Demer Press, ePublisher, Belgium, 1st ed. 2010, 2nd ed. 2012) ISBN 978-90-813070-9-3

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]