Luis Cernuda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Casa natal de Luis Cernuda

Luis Cernuda Bidón, nado en Sevilla en 1902 e finado en México en 1963, foi un poeta español, membro da xeración do 27.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun militar, licenciouse en dereito pola Universidade de Sevilla. Dedicado á poesía obtivo a cátedra de español da Universidade de Tolosa, posteriormente domiciliouse en Madrid e durante a guerra civil española trasladouse a Inglaterra, e viviu en Francia, Escocia, Estados Unidos ata que en 1952 fixou a súa residencia en México.

Obra[editar | editar a fonte]

A súa é unha poesía de meditación. En 1927 publicou as súas primeiras poesías, co título de Perfil del aire e Égloga, elegía, oda onde homenaxea a tradición clásica.
Con Un río, un amor e Los placeres prohibidos escritos entre 1929 e 1931 únese ao surrealismo, ao tempo que se rebela contra a orde establecida e reinvindica abertamente a homosexualidade. La realidad y el deseo (1936, edición definitiva 1964) é a súa principal obra, que comezou a escribir a comezos da década de 1930 e que continou ata a súa morte. Cernuda explora o desexo, o amor, a historia e a sexualidade en poemas con influencias que van do romanticismo e o clasicismo ao surrealismo.
En Las nubes (1940 e 1943) trata da da guerra civil.
En México desenvolve a súa última etapa poética. Variaciones sobre tema mexicano (1952), Vivir sin estar viviendo (1944-49) e Con las horas contadas (1950-56), son os principais libros, nos que substitúe a musicalidade elegante, garcilasiana por un ritmo seco, duro e renuncia á ornamentación en favor do concepto; este estilo acada a súa plenitude en Desolación de la Quimera (1962).