Donegal
Coordenadas: 54°39′00″N 8°07′01″O / 54.650, -8.117
Donegal | ||
---|---|---|
Dún na nGall | ||
![]() | ||
Vila de Donegal. | ||
Localización | ||
País | ![]() | |
Provincia | Ulster | |
Condado | Condado de Donegal | |
Dáil Éireann | Donegal South-West | |
Xeografía | ||
Altitude | 32 msnm | |
Superficie | 2,65 km² | |
Demografía | ||
Poboación | 2 618 (2016)[1] | |
Densidade | 891,4 | |
Outros datos | ||
Código postal | F94 | |
Páxina oficial |
Donegal (en irlandés: Dún na nGall) é unha cidade do condado homónimo da República de Irlanda, o condado de Donegal. Foi a capital do antigo reino de Tyrconnell (a terra de Conall), un territorio máis extenso que o actual condado, gobernado polo clan dos O'Donnell. Perdeu esta condición no século XVI, trala invasión inglesa que rematou co poder dos O´Donnell e estabeleceu á cidade de Lifford como "County Town".
É a cuarta cidade máis poboada do condado, tras Letterkenny (19,588 habitantes), Buncrana (7,199), e Ballybofey (4,852).
A orixe e significado do seu nome é a expresión gaélica Dún na nGall, que significa "o forte dos estranxeiros".[2] Estes estranxeiros deberon ser viquingos daneses que chegaron a esta terra antes do século XII.[3]
Xeografía[editar | editar a fonte]
Atópase no centro da baía homónima, e distínguese das outras cidades do condado pola súa disposición urbanística. De orixe moi probablemente viquinga, no presente é unha localidade dedicada á pesca e ó turismo, este último bastante intenso grazas á súa estratéxica posición (xa que está situada sobre a estrada estatal que leva a Derry e a Letterkenny) e tamén grazas ós influxos históricos que a caracterizan.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Population Density and Area Size 2016 by Towns by Size, CensusYear and Statistic". Central Statistics Office (Ireland). Consultado o 1 de agosto de 2017.
- ↑ Placenames Database of Ireland: Dún na nGall/Donegal
- ↑ The origin and history of Irish names of places.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Irlanda |