Parahucho perryi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Parahucho perry
Hucho perryi by OpenCage.jpg

Hucho perryi Brevoort.jpg

Estado de conservación
Crítico
Crítico[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Protacanthopterygii
Orde: Salmoniformes
Familia: Salmonidae
Subfamilia: Salmoninae
Xénero: Paraucho
Vladykov, 1963
Especie: Paraucho perryi
(Brevoort, 1856)
En laranxa, zona onde se acha a especie En vermello, zona onde se extinguiu.[1]

En laranxa, zona onde se acha a especie
En vermello, zona onde se extinguiu.[1]
Sinonimia
Véxase o texto
Cabezas en detalle

Paraucho perryi é unha especie de peixe osteíctio da orde dos salmoniformes, familia dos salmónidos e subfamilia dos salmoninos, o único represerntante do xénero Paraucho.[2][3][4]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

Xénero[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito en 1963 polo ictiólogo ruso, nado en Ucraína, Vadim D. Vladykov.[2][3][4]

Especie[editar | editar a fonte]

A esopecie describíraa en 1856 o bibliotecario, numismático e naturalista afeccionado estadounidense James Carson Brevoort, baixo o nome de Salmo perryi.[2][3][4][5]

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[3][4]

  • Salmo perryi Brevoort, 1856 (protónimo)
  • Hucho perryi (Brevoort, 1856)

Nota taxonómica[editar | editar a fonte]

Aínda que a miúdo se sitúa no xénero Hucho, a filoxenética molecular e outras evidencias demostraron que pertence ao seu propio xénero monotípico Parahucho.[6][7][8][9]

Distribución e características[editar | editar a fonte]

Esta especie é un salmónido de gran tamaño, dulciacuícola, propia do nordeste de Asia, que se encontra nos lagos e grandes ríos das illas do krai de Primorie e no de Khabarovsk, e na de Sakhalin e as Kuriles do Extremo Oriente ruso, así como na de Hokkaido no Xapón.

Parahucho perryi é unha das especies de salmón máis grandes.[1]

Os exemplares capturados pesaron unha media duns 5 kg. O maior peixe capturado rexistrouse con 9,45 kg.[6]

Habita principalmente nos lagos e nos treitos inferiores e medios dos ríos. Os peixes de máis de 30 cm de longo son case exclusivamente piscívoros, mentres que as crías aliméntanse principalmente de insectos acuáticos. As femias normalmente poñen entre 2 000 e 10 000 ovos na primavera, en fondos areosos ou de gravas.[10]

Hábitat e distribución[editar | editar a fonte]

Hábitat[editar | editar a fonte]

Parahucho perryi é un peixe dulciacuícola que habita en lagos e ríos.[11]

Distribución[editar | editar a fonte]

Encóntrase no nordeste de Asia, nos lagos en grandes ríos dos krais Primoire, Khabarovsk, na illa de Sakhalin e nas Kuriles no Extremo Oriente ruso, así como na illa de Hokkaido, no Xapón.[11]

Bioloxía[editar | editar a fonte]

Os espécimes de máis de 30 cm de longo son case exclusivamente piscívoros, mentres que as crías aliméntanse principalmente de insectos acuáticos.[11]

As femias normalmente poñen entre 2 000 e 10 000 ovos na primavera, en fondos areosos ou de grava.[11]

Poboación[editar | editar a fonte]

A súa poboación está en declive xeral desde hai polo menos un século, calcúlase que as poboacións actuais son de menos do 5 % dos seus niveis históricos. A perda de máis do 50 % do seu hábitat debido á agricultura, á urbanización e, máis recentemente, ao desenvolvemento da extracción de petróleo e de gas é outro factor importante.[12]

A sobrepesca por parte de diversos sectores (comerciais, recreativos e captura ilegal) é unha das ameazas máis importantes para esta especie. Aínda que xa non se pesca comercialmente en Rusia, aínda é obxecto da pesca de subsistencia legal e ilegal, xa que é moi apreciada polo seu gran tamaño e bo sabor, mais tamén a captura incidental nas pescarías comerciais de salmón en Rusia, malia diminuír, e no Xapón, así como as prácticas de pesca ilegais en Rusia. Os peixes tamén son apreciados como trofeos polos pescadores deportivos xaponeses.[12].

Estas poboacións tamén están ameazadas por importantes cambios no seu hábitat. Un contrato de arrendamento forestal ampliado na conca do río Samarga, por exemplo, esténdese agora ata o 85 % da superficie total da conca hidrográfica, coa construción de estradas que poderían afectar moito a moitos afluentes clave. A rápida expansión do desenvolvemento da explotación do petróleo e do gas na illa de Sakhalin, en particular a instalación de oleodutos a través de máis de 24 ríos nos que se sabe que vive esta especie, está a representar unha ameaza crecente. No Xapón, o desenvolvemento da canalización dos ríos, a construción de presas e a expansión agrícola e urbana representan unha ameaza importante para o hábitat da especie.

A ameaza da pesca furtiva en Rusia, aínda que é difícil de cuantificar, pode ser actualmente unha das ameazas máis importantes. Durante unha viaxe de investigación en 2005 descubríronse dous campamentos de pesca furtiva e recuperáronse cinco espécimes adultos mortos que foran capturados usando artes de pesca ilegal. Catro destes individuos eran femias maduras que levaban até 15 000 ovos cada unha. Durante os aumentos dos caudais na primavera, os reprodutores tenden a reunisrse an cardumes nas canles laterais do curso principal do río, e vólvense vulnerábeis á captura mediante redes de enmalle de malla grande. A estimación da mortalidade por pesca nos ríos, aínda que é incerta dada a falta de datos, suxire unha taxa de explotación relativamente alta. As taxas de pesca sostíbel das poboacións de peixes raramente superan a taxa de mortalidade natural.

Estado de conservación[editar | editar a fonte]

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) cualifica o status desta especie como CR (en perigo crítico), aínda que as categorías plausibles inclúen tamén en perigo de extinción.[1]

Os criterios da UICN utilizados para estimar a redución do tamaño da poboación dunha especie poden incluír os seguintes: observacións directas, índices de abundancia, descensos na área de dispersión ou a extensión e/ou calidade do hábitat, os niveis reais ou potenciais de explotación, ou os efectos de taxóns introducidos, hibridación, patóxenos, contaminantes, competidores ou parasitos.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Rand, P. S. (2006): Hucho perryi na Lista vermella da UICN. Versión 2021-3. Consultada o 26 de marzo de 2022.
  2. 2,0 2,1 2,2 Hucho Günther, 1866 no WoRMS. Consultado o 26 de marzo de 2022.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Hucho Günther, 1866 no GBIF. Consultado o 26 de marzo de 2022.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Parahucho perryi (Brevoort, 1856) na BioLib. Consultada o 26 de marzo de 2022.
  5. Brevoort 1856, pp. 253-288
  6. 6,0 6,1 Froese & Pauly 2016.
  7. Oleinik, A. G. & Skurikhina, L. A. (2008): "Phylogenetic relationships of Sakhalin taimen Parahucho perryi inferred from PCR-RFLP analysis of mitochondrial DNA". Russian Journal of Genetics 44: 767.
  8. Matveev, V.; Nishihara, H. & Okada, N. (2007): "Novel SINE families from salmons validate Parahucho (Salmonidae) as a distinct genus and give evidence that SINEs can incorporate LINE-related 3′-tails of other SINEs". Molecular Biology and Evolution 24 (8): 1656-1666.
  9. Campbell, Matthew A.; Buser, Thaddaeus J.; Alfaro, Michael E. & López, J. Andrés (2020): "Addressing incomplete lineage sorting and paralogy in the inference of uncertain salmonid phylogenetic relationships" PeerJ. 8: e9389.
  10. Robins, C. R.; R. M. Bailey; C. E. Bond; J. R. Brooker; E. A. Lachner; R. N. Lea & W. B. Scott (1991): World fishes important to North Americans. Exclusive of species from the continental waters of the United States and Canada. Am. Fish. Soc. Spec. Publ. ISBN 0-9132-3553-9, p 243.
  11. 11,0 11,1 11,2 11,3 Froese, Rainer; Pauly, Daniel, eds. (August de 2016). "Parahucho perryi". FishBase (en inglés). 
  12. 12,0 12,1 Rand, Pete. "Ancient, Giant Salmon in Asia Edging Towards Extinction" Arquivado 2011-11-09 en Wayback Machine. Wild Salmon Center, 23 de maio de 2006.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Arai, T.; Kotake, A. & Morita, K. (2004): "Evidence of downstream migration of Sakhalin taimen, Hucho perryi, as revealed by Sr:Ca ratios of otolith". Ichthyological Research 51: 377-380.
  • Beverton, R. J. H. (1992): "Patterns of reproductive strategy parameters in some marine teleost fishes". Journal of Fish Biology 41 (B): 137-160.
  • Brevoort, J. C. (1856): "Notes on some figures of Japanese fish taken from recent specimens by the artists of the U. S. Japan Expedition. En: M. C. Perry Narrative of the Expedition of an American Squadron to the China Seas and Japan, performed in the years 1852, 1853, and 1854 under the command of Commodore M. C. Perry, United States Navy, by order of the Government of the United States. Vol. 2. U.S. Senate Ex. Doc. No. 79, 33rd Congress, 2nd Session. Beverley Tucker, Washington, D.C., pp. 253-288.
  • Edo, K. (2001): Behavioral ecology and conservation biology of an endangered salmonid, Sakhalin taimen Hucho perryi. Tese de dutoramento na Universidade de Hokkaido.
  • Edo, K., Kawamura, H. & Higashi, S. (2000): "The structure and dimensions of redds and egg pockets of the endangered salmonid, Sakhalin taimen". Journal of Fish Biology 56 (4): 890-904.
  • Froese, Rainer & Pauly, Daniel, eds. (2016): Parahucho perryi en FishBase.
  • Fukushima, M. (1994): "Spawning migration and redd construction of Sakhalin taimen, Hucho perryi on north Hokkaido Island, Japan". Journal of Fish Biology 44 (5): 877-888.
  • Fukushima, M. (2000): "Salmonid habitat-geomorphology relationships in low-gradient streams". Ecology 82 (5): 1238-1246.
  • Fukushima, M. & Kameyama, S. (2006): "The effects of damming on masu salmon and the Sakhalin taimen and the assessment of their conservation areas based on predictive habitat models". Ecology and Civil Engineering 8 (2): 233-244.
  • Kimura, S. (1966): "On the life history of the salmonid fish Hucho perryi (Brevoort) found in Nemuro, Hokkaido". Japan Journal of Ichthyology 14 (1/3): 17-25.
  • Yamashiro, S. (1965): "Age and growth of the Ito (Hucho perryi) in northeastern Hokkaido". Bulletin of the Japanese Society of Scientific Fisheries 31 (1): 1-7.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]