Extremo Oriente ruso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Distrito Federal do Extremo Oriente (en vermello).

O Extremo Oriente ruso (en ruso: Дальний Восток России) refírese á parte rusa do Extremo Oriente, é dicir, aos territorios de Rusia entre Siberia e o océano Pacífico. O Distrito Federal do Extremo Oriente que abrangue esta área non debe ser confundido co Distrito Federal de Siberia, que non se estende até o Pacífico. Na época socialista era coñecido como o Extremo Oriente soviético.

Aínda que tradicionalmente considérase parte de Siberia, o Extremo Oriente ruso clasifícase separado de Siberia nos esquemas rexionais rusos e na URSS.

En Rusia, a rexión adoita ser denominada simplemente «Extremo Oriente», o que implica unha posíbel confusión co significado internacional de Extremo Oriente na tradución. Esta última é normalmente referida en Rusia como a Rexión Asia-Pacífico (Азиатско-тихоокеанский регион, abreviado como АТР) ou "Asia oriental" (Восточная Азия).

Demografía[editar | editar a fonte]

Segundo o censo ruso de 2002, o Distrito Federal do Extremo Oriente tiña 6 692 865 habitantes, a maioría nas zonas do sur. Tendo en conta a extensión do distrito, dita poboación tradúcese en pouco máis dunha persoa por quilómetro cadrado, o que converte a rexión nunha das menos densamente poboadas no mundo. A poboación do Extremo Oriente ruso sufriu un rápido declive desde a disolución da URSS.

O 75% da poboación é urbana. En 2002, as cidades máis poboadas eran:

Grupos étnicos tradicionais[editar | editar a fonte]

Os grupos demográficos orixinais do Extremo Oriente ruso inclúen (agrupados por grupo lingüístico):

Accidentes xeográficos[editar | editar a fonte]

Lecturas recomendadas[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]