Hucho
Hucho | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Salmón do Danubio (Hucho hucho) | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||
|
Hucho é un xénero de peixes osteíctios da orde dos salmoniformes, familia dos salmónidos e subfamilia dos salmoninos.[1][2][3]
Unha das súas catro especies distribúese polo centro de Europa, no río Danubio e os afluentes da súa conca hidrográfica, mentres que as outras tres distribúense por Asia.[4]
Características
[editar | editar a fonte]As especies deste xénero son peixes de gran tamaño, polo que reciben o nome vulgar aumentativo de salmón, cun tamaño de entre 2 e 1,5 m de lonxitude.[5]
Adoitan pasar unha fase da súa vida no mar, e outra fase nos ríos de clima temperado, aínda que algunhas das especies pasan toda a vida en ríos e lagos.[4]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]O xénero foi descrito en 1866 polo zoólogo británico Albert Günther.[1][2][3]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome científico Hucho, Günter tomouno do alemán Huchen.[6]
Sinónimo
[editar | editar a fonte]Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polo sinónimo:[2]
- Epitomynis Schulze, 1890
Especies
[editar | editar a fonte]Como quedou dito, o xénero comprende catro especies:[2][3]
Imaxe | Nome científico | Nome común | Distribución |
---|---|---|---|
Hucho bleekeri Sh. Kimura, 1934 | Salmón de Sichuan | Conca do río Yangtzé, na China | |
Hucho hucho (Linnaeus, 1758) | Salmón do Danubio | Endémico da conca do Danubio, en Europa | |
Hucho ishikawae T. Mori, 1928 | Salmón coreano | Corea do Norte e a China | |
Hucho taimen (Pallas, 1773) | Salmón de Siberia | Siberia |
Notas taxonómicas
[editar | editar a fonte]Ademais destas catro especies, o chamado salmón de Sakhalin situábase anteriormente neste xénero, pero a xenética e outras probas demostraron que pertence ao seu propio xénero monotípico como Parahucho perryi.[7][8]
Por outra parte, o WoRMS só admite unha especie no xénero, Hucho taimen.[1]
Usos
[editar | editar a fonte]A pesca destes peixes é importante para a súa comercialización, sendo tamén cultivados en acuicultura.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Hucho Günther, 1866 no WoRMS. Consultado o 26 de marzo de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Hucho Günther, 1866 no GBIF. Consultado o 26 de marzo de 2022.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Hucho Günther, 1866 na BioLib. Consultada o 26 de marzo de 2022.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Nelson, J. S. (1994). Fishes of the world (3ª ed.). New York: John Wiley & Sons, Inc.
- ↑ Terofal, F. (1984): Süsswasserfische in europaischen Gewassern. Múnic, Alemaña: Mosaik Verlag. ISBN 3-5700-1274-3.
- ↑ hucho no Merraim-Webster Dictionary.
- ↑ Oleinik, A. G. e Skurikhina, L. A. (2008): "Hylogenetic relationships of Sakhalin taimen Parahucho perryi inferred from PCR-RFLP analysis of mitochondrial DNA". Russian Journal of Genetics 44: 767.
- ↑ Matveev, V.; Nishihara, H. & Okada, N. (2007): "Novel SINE families from salmons validate Parahucho (Salmonidae) as a distinct genus and give evidence that SINEs can incorporate LINE-related 3′-tails of other SINEs". Molecular Biology and Evolution 24 (8): 1656-1666.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hucho |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Hucho |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Benton, M. J. (2000): Vertebrate Palaeontology: Biology and Evolution. Blackwell Publishing. ISBN 0-632-05614-2. Resumo.
- Eschmeyer, W. N., ed. (2014): Catalog of fishes: Genera, Species, References. California Academy of Sciences, department Ichtyology.
- Nelson, J. S. (2006): Fishes of the World. 4th ed. Nova York: John Wiley and Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
- van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N. & Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al., eds. (2001): European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. Collection Patrimoines Naturels, 50: pp. 336–351.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Hucho na EOL.
- Enrique Aguado Pérez (9 de outubro de 2009): El hucho o salmón del Danubio Historia de cómo llegó a España este emblemático pez