Krai

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Un Krai (en ruso: край, a miúdo traducido como "rexión" ou "territorio" ) é un termo usado para referirse a varias das 83 rexións administrativas de Rusia. O seu plural en ruso é края, kraia.

A palabra krai (que tamén significa fronteira ou final), utilízase sobre todo para rexións situadas na periferia económica e xeográfica. Nos idiomas romances usouse a palabra "marca" (e equivalentes) co mesmo significado durante séculos.

Os krais, óblasts e repúblicas teñen o mesmo status constitucional en Rusia. Algúns dos krais rusos son maiores que moitos países de Europa.

Un krai divídese en distritos (en ruso: районы, pronunciado: raioni).

Exemplos de krais son o krai de Krasnodar, o krai de Khabarovsk ou o krai de Stávropol.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]