Espirro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O espirro pode transmitir doenzas polo ar.

Un espirro ou esbirro é unha forma do corpo de expulsar dióxido de carbono en exceso, en forma de partículas líquidas. O espirro é unha expulsión de ar (como pode ser a tose), que é convulsiva e semiautónoma, do nariz e a boca. Algunhas doenzas poden ser transmitidas polo esbirro, que pode espallar até 40.000 gotículas infecciosas cuxo diámetro varía entre 0,5 e 5 µm.