Conversa:Paleóxeno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Acentuación[editar a fonte]

Segundo a miña opinión, a acentuación deste termo debería ser, segundo as regras de adaptación de tecnicismos de orixe grega, Paleóxeno, por derivar dos elementos paleo-, do grego παλαιός palaiós, "vello", "antigo", e ´-xeno, do grego γένος génos, "nacemento", "orixe", e que, por ser o épsilon do segundo compoñente breve, fai recaer, no latín científico paleogenus, o acento na sílaba anterior, como ocorre noutros termos fomados co mesmo segundo compoñente, como autóxeno, canceríxeno, halóxeno, glicóxeno, etc.
Son consciente de que a RAG prescribe, no seu dicionario, *neoxeno, pero tamén de que isto seguramente é un erro (do que xa advertín á douta institución, xa que, pola contra, sanciona autóxeno, canceríxeno, halóxeno e glicóxeno. --XoioÉche o que hai 3 de decembro de 2012 ás 20:59 (UTC)