Saltar ao contido

Paio de Asturias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPaio de Asturias

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(la) Pelagius Editar o valor en Wikidata
c. 685 Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Morte737 Editar o valor en Wikidata (51/52 anos)
Cangas de Onís, Cangas de Onís (Reino de Asturias) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaTomb of Pelayo I of Asturias (en) Traducir
Santa Cova de Covadonga Editar o valor en Wikidata
Monarca do Reino de Asturias
718 – 737 – Fávila →
Monarca do Reino de Galicia
718 – 737 – Fávila → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCristianismo niceno Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónguerreiro, aristócrata Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
ConflitoBatalla de Covadonga Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloPrinceps
Monarca Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastía ástur-leonesa Editar o valor en Wikidata
CónxuxeGaudiosa Editar o valor en Wikidata
FillosFávila, Ermesinda Editar o valor en Wikidata
PaisFávila (disputado) Editar o valor en Wikidata  e valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
IrmánsAnonyma Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1064113 WikiTree: Asturias-8 Find a Grave: 8049641 Editar o valor en Wikidata

Paio (baixo-latín Pelagius, en castelán Pelayo, en asturiano Pelayu) (718? — 737), foi un caudillo militar que a historiografía española romanticista do século XIX quixo ver como fundador mítico do denominado por ela, "Reino de Asturias" e polo tanto o seu primeiro rei.

Os feitos referidos á vida de Paio que aparecen nas crónicas son idénticos a outros que aparecen na Biblia, en vidas de santos, ou en textos da historia grecolatina. Así, o discurso que pronuncia contra os musulmáns é similar o de Santa Baia, o percorrido de Paio polas montañas é como o episodio bíblico do Monte Horeb e en parte como o de Moises e a silveira ardente, e o o enfrontamento entre Paio e o bispo traidor Oppas sae na Biblia case literalmente.[1]

Por outra parte, o Foro Antigo de Navarra (S.XIII), remite igualmente a un Paio propio co fin de xustificar os dereitos da aristocracia na elección do monarca, un paralelismo evidente que invita a pensar nun recurso mitificado sen base historiográfica.[2]

Orixes do nome

[editar | editar a fonte]

Aínda que teñan querido facer del un nobre godo, o seu nome -que ten as variantes Pelayo (en castelán) e Paio (en galego e portugués)- é grego (Πελάγιος, «mariño»), algo común entre os indíxenas ibéricos. Talvez fose un autóctono galaico: un cronista árabe chámalle jiliqi, «galego».

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo do duque Fávila, a súa figura idealizada como "salvador de España e de Europa" continua a ser aceptada dende a historiografía española e hispanófila máis tradicionalista. Así, o autor Sánchez-Albornoz quixo ver nel a "un hispano en quien encarnaban las ancestrales virtudes de la raza (...) comenzó la lucha multisecular entre islamismo y cristiandad que fue decisiva para la forja de España". Pola contra, gran parte da historiografía galega e o revisionismo actual consideran que, supoñendo a existencia de Paio verdadeira, o seu goberno apenas se puido estender polo oriente asturiano, que nese momento formaba parte da Galicia altomedieval, tal e como dan conta a documentación cristiá e musulmá, sendo un dos moitos señores territoriais galaicos, tal e como parecen certificar as propias crónicas.

A narración de Covadonga e a figura de Paio, que aparece por primeira vez nas crónicas asturianas (fins do século IX) e logo nas musulmás, foron cualificados de mitos por Barrau-Dihigo e ese é o valor inicial que por prudencia convén outorgarlles[3]

Poucos datos se teñen do seu tempo, mais aparece citado no Testamentum Regis Aldefonsis, datado o 16 de novembro de 812, como o caudillo dunha rebelión, as crónicas posteriores dan visións diferentes e pouco fiábeis[4]. As crónicas musulmás tamén recollen a súa figura, dándolle pouca importancia, o Akhbar Machmúa fala da resistencia de trinta homes:

Un infiel (..) chamado Balaya (...) sublevouse en terra de Galicia[5]

Tamén aparece citado na posterior crónica de Al-Maqqari, que cita a Ibn Hayyan (século X):

Levantouse en terra de Galiza un asno salvaxe chamado Paio. ... os soldados non cesaron de atacalo até que non ficaron mais que trinta homes e dez mulleres.... No ano 133 morreu Paio e reinou o seu fillo Fafila.[6]

Coa súa muller, de nome latino Gaudiosa, tivo dous fillos, o seu sucesor, Fávila, e Ermesinda, que viría a casar con Afonso I, fillo de Pedro, dux da Cantabria.

A súa figura permanece controvertida e nos últimos anos apareceron numerosos estudos nos que se dá diferente orixe e significación á súa figura. Así, Barbero e Vigil[7] defenden que se trata do soberano dun reino autóctono independente dos visigodos mentres que, segundo, del Castillo e Montenegro[8] sería alguén próximo a un suposto dux de Asturias, e outros autores fan del un visigodo non vencellado á corte senón á poboación local. A lenda tradicional, baseada nas falsificacións da época de Afonso III e o neogoticismo, seguen presentes na historiografía española máis tradicionalista e en manuais e obras xerais, aínda que con poucos estudos novos abundando nesa tese.

  1. Murado (2013), pp. 38–44
  2. Martín, Jose Luis (1993). Manual de historia de España, La españa medieval. Cambio 16. ISBN 9788476792728. 
  3. López Carreira (2005)
  4. Op. cit. páxina 153.
  5. Op. cit p.152 Tradución de cita de Maravall: El concepto de España en la edad Media, 1981.
  6. Dice Isa ben Ahmand Al-Razi que en tiempos de Anbasa ben Suhaim Al-Qalbi, se levantó en tierra de Galicia un asno salvaje llamado Pelayo. Desde entonces empezaron los cristianos en Al-Andalus a defender contra los musulmanes las tierras que aún quedaban en su poder, lo que no habían esperado lograr. Los islamitas, luchando contra los politeístas y forzándoles a emigrar, se habían apoderado de su país hasta llegar a Ariyula, de la tierra de los francos, y habían conquistado Pamplona en Galicia y no había quedado sino la roca donde se refugió el rey llamado Pelayo con trescientos hombres. Los soldados no cesaron de atacarle hasta que sus soldados murieron de hambre y no quedaron en su compañía sino treinta hombres y diez mujeres. Y no tenían qué comer sino la miel que tomaban de la dejada por las abejas en las hendiduras de la roca. La situación de los musulmanes llegó a ser penosa, y al cabo los despreciaron diciendo: «Treinta asnos salvajes, ¿qué daño pueden hacernos?». En el año 133 murió Pelayo y reinó su hijo Fafila. El reinado de Pelayo duró diecinueve años y el de su hijo dos. Después de ambos reinó Alfonso, hijo de Pedro, abuelo de los Banu Alfonso, que consiguieron prolongar su reino hasta hoy y se apoderaron de lo que los musulmanes les habían tomado. Nafh al-tib de AL-MAQQARI. Trads. LAFUENTE ALCÁNTARA, Col. «Obr. Ar. Ac. Ha.», I., p. 230 y M. ANTUÑA; C. SÁNCHEZ ALBORNOZ, Fuentes de la historia hispano-musulmana (siglo VIII), p. 232. Ver cita en instituto Cervantes virtual Arquivado 10 de xuño de 2007 en Wayback Machine.
  7. Barbero & Vigil (1974)
  8. J. MONTENEGRO y A. DEL CASTILLO, «Don Pelayo y los orígenes de la Reconquista: Un nuevo punto de vista», Híspanla, Lll/1, núm. 180, 1992, págs. 5 ss. Ante as críticas aclararon posteriormente "Lo que hemos afirmado es que don Pelayo podría ser alguien próximo al duque de Asturias" en De nuevo sobre Pelayo y el origen de la reconquista

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]
Os reis e as raíñas da Galiza.
Vitiza. Paio, Fávila, Afonso e Froila. A nova monarquía galaica de 711 até 768.
(Nós Diario, 14.09.2022)

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
Reino de Galicia

Segue a:
Ningún
Paio de Asturias
Precede a:
Fávila
Primeiros caudillos (711-767)