Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2016

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2016Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2016
Data25 de setembro de 2016 Editar o valor em Wikidata
TipoEleccións ao Parlamento de Galicia Editar o valor em Wikidata
Cargo elixido75 deputado do Parlamento de Galicia ≈ X Lexislatura do Parlamento de Galicia Editar o valor em Wikidata
Páxina web oficialeleccions2016.xunta.gal… Editar o valor em Wikidata
Participación política
Electorado2.701.932 Editar o valor em Wikidata
1.448.962
   53.63٪
Ponto percentual (pt) 1.28
Número de votos válidos1.434.418    Número de votos en branco 14.037   Número de votos nulos 14.544
Resultado electoral Editar o valor em Wikidata
<1
2>
Partido Popular de Galicia  — Alberto Núñez Feijóo
682.150   47.56٪
Ponto percentual (pt) 1.76
Deputado 41 → 41
<1
2>
En Marea  — Luís Villares
273.523   19.07٪
Deputado 14
<1
2>
PSG PSOE  — Xoaquín Fernández Leiceaga
256.381   17.87٪
Ponto percentual (pt) 2.74
Deputado 18 → 14 Número de escanos 4
<1
2>
Bloque Nacionalista Galego  — Ana Pontón
119.446   8.33٪
Ponto percentual (pt) 1.78
Deputado 7 → 6 Número de escanos 1
Cs
48.553   3.38٪
Deputado

Editar o valor em Wikidata
Investidura presidencial de Galicia de 2016 Editar o valor em Wikidata
Substitúe:Persoa elixida:
Alberto Núñez FeijóoAlberto Núñez Feijóo Editar o valor em Wikidata
 ← 2012 Editar o valor em WikidataGalicia Editar o valor em Wikidata 2020 Editar o valor em Wikidata  → 

As eleccións autonómicas de Galicia de 2016 foron as décimas eleccións ao Parlamento de Galicia dende a súa constitución e celebráronse o 25 de setembro de 2016, data en que se fan catro anos desde a celebración dos comicios anteriores.

Data de celebración[editar | editar a fonte]

A data de celebración foi o 25 de setembro, polo que coincidiu coa data das eleccións vascas, feito criticado por En Marea, PSdeG-PSOE e BNG por considerar que Galicia debe ter unha vida política propia e non servir como moeda de intercambio para os pactos no Congreso dos Deputados.[1]

Antecedentes[editar | editar a fonte]

Durante os catro anos da lexislatura, Alberto Núñez Feijóo gozou dunha maioría absoluta que non se viu ameazada de xeito especial. En diversas ocasións Núñez Feijóo manifestara que dous mandatos eran abondo, o que fixo espertar dúbidas sobre se pretendía presentarse de novo como candidato polo PPdeG.[2]

Pola contra, na oposición todos os partidos viviron cambios importantes. O PSdeG sufriu a dimisión de Pachi Vázquez e a súa substitución nos cargos do partido por Xosé Ramón Gómez Besteiro, quen non formalizou a súa candidatura a presidente da Xunta. A terceira forza no Parlamento, AGE, sufriu por unha banda a súa descomposición, con tres deputadas desertando ao Grupo Mixto, unha delas de Esquerda Unida e as outras dúas de Cerna, mentres que o éxito electoral da coalición En Marea nas eleccións ao Congreso e ao Senado, así como as alcaldías de Santiago de Compostela, A Coruña e Ferrol en mans de candidaturas municipais vinculadas a En Marea actuaban como estímulo positivo e confrontaban a coalición AGE a un acordo maior, con estas candidaturas municipais, mais tamén con Podemos.

O BNG mudou dúas veces de voceiro, primeiro ao substituír a Francisco Jorquera por Xavier Vence, e posteriormente, ao dimitir Vence logo dos resultados das Eleccións ao Congreso, onde o BNG perdera os seus dous deputados. Ademais, os bos resultados de Cidadáns neses comicios xerais abría as posibilidades para que a formación laranxa conseguise escano no Hórreo e Cristina Losada acadou os avais necesarios como candidata.[3] En primarias escolleu Compromiso por Galicia a Xoán Bascuas.[4][5]

Expectativas e obxectivos[editar | editar a fonte]

Para o PPdeG o principal obxectivo era acadar a súa terceira maioría absoluta consecutiva ou no seu defecto conseguir algunha fórmula que permita a Alberto Núñez Feijóo gobernar de novo. Para o PSdeG o obxectivo foi que os resultados evitasen ese goberno do PPdeG, liderando unha maioría alternativa. En Marea compartía este obxectivo de desbancar ao presidente Feijóo e tamén esperaba liderar a alternativa ao colocarse por diante do PSdeG. O BNG pelexaba nestes comicios por revertir a tendencia baixista das últimas convocatorias en Galicia e manter o grupo parlamentario no Parlamento de Galicia.

O partido de C's, pola súa banda, aspiraba a ocupar varios escanos do mesmo. Tamén coa expectativa de acadar representación atopámonos con Democracia Ourensana (un partido ourensano e ligado a Gonzalo P. Jácome), Compromiso por Galicia, o partido animalista Pacma e outras formacións que se presentaban ás urnas.

Candidatos a presidir a Xunta[editar | editar a fonte]

O BNG presentou como cabeza de lista a Ana Belén Pontón Mondelo.

En C's escolleron a Cristina Losada Fernández como candidata a presidir a Xunta.

Por Compromiso por Galicia repite candidatura á Xunta Xoán Carlos Bascuas Jardón.

O partido instrumental de En Marea (formado por Anova-IN, Esquerda Unida, as Mareas Municipalistas e Podemos) tivo como candidato a Luís Villares Naveira.

O PSdeG-PSOE estivo liderado por Xoaquín Fernández Leiceaga.

O PPdeG presentou a Alberto Núñez Feijóo á súa terceira reelección.

Lemas de campaña[editar | editar a fonte]

  • PPdG: "En Galicia si".
  • En Marea: "Un país xusto".
  • PSdeG: "Unha resposta nova".
  • BNG: "Un tempo novo".
  • Cidadáns: "No nos conformemos, Galicia merécese máis".[nota 1]
  • CxG: "Galicia é o que importa".
  • PACMA: "A súa voz, o teu voto".

Candidaturas por provincia[editar | editar a fonte]

Véxase: Papeletas electorais das eleccións ao Parlamento de Galicia de 2016.

Sondaxes[editar | editar a fonte]

Escanos por provincias[editar | editar a fonte]

Os escanos colócanse segundo a posición no mapa.

Data Fonte PPdeG PSdeG-PSOE AGE BNG En Marea Cidadáns Outros
16 set. 2016 NC Report Arquivado 28 de maio de 2020 en Wayback Machine. 40-41 15-16 (En Marea) 2 17 0 -
16 set. 2016 Sondaxe (8) Arquivado 21 de setembro de 2016 en Wayback Machine. 38 13 (En Marea) 3 20 1 -
15 set. 2016 Infortécnica Arquivado 21 de setembro de 2016 en Wayback Machine. 42-48 13-16 (En Marea) 2-4 12-15 0-1 -
15 set. 2016 Sondaxe (7) Arquivado 20 de setembro de 2016 en Wayback Machine. 38 15 (En Marea) 4 19 0 -
14 set. 2016 Sondaxe (6) Arquivado 21 de setembro de 2016 en Wayback Machine. 37 15 (En Marea) 4 19 0 -
13 set. 2016 Sondaxe (5) Arquivado 21 de setembro de 2016 en Wayback Machine. 37 15 (En Marea) 1 20 2 -
12 set. 2016 Sondaxe (4) Arquivado 18 de setembro de 2016 en Wayback Machine. 37 15 (En Marea) 2 20 1 -
11 set. 2016 Sondaxe (3) Arquivado 16 de setembro de 2016 en Wayback Machine. 38 14 (En Marea) 2 20 1 -
10 set. 2016 Sondaxe (2) Arquivado 15 de setembro de 2016 en Wayback Machine. 38 15 (En Marea) 2 19 1 -
9 set. 2016 Sondaxe Arquivado 14 de setembro de 2016 en Wayback Machine. 38 15 (En Marea) 2 19 1 -
9 set. 2016 Einvenia Arquivado 21 de setembro de 2016 en Wayback Machine. 38-39 15-16 (En Marea) 2 16-17 1-2 -
9 set. 2016 Celeste-Tel Arquivado 21 de setembro de 2016 en Wayback Machine. 38-40 15-16 (En Marea) 2 17-18 1 -
9 set. 2016 Sigma Dos Arquivado 21 de setembro de 2016 en Wayback Machine. 38-41 13-14 (En Marea) 4-6 16-17 0 -
8 set. 2016 Infortécnica Arquivado 14 de setembro de 2016 en Wayback Machine. 40-45 15-17 (En Marea) 3-5 12-14 0-1 -
2 set. 2016 CIS 40-41 16 (En Marea) 2 15-17 0-1 -
24 ago. 2016 Sondaxe Infortécnica Arquivado 31 de agosto de 2016 en Wayback Machine. 38-41 17-19 (En Marea) 5-6 11-12 0-2 -
20 ago. 2016 Sondaxe NC Report Arquivado 31 de agosto de 2016 en Wayback Machine. 39 17 (En Marea) 2 15 2 -
7 ago. 2016 Isondaxe 37 15 (En Marea) 5 18 - -
6 abr. 2016 GAD3 Arquivado 18 de xullo de 2016 en Wayback Machine. 36-38 15-17 (En Marea) 4-5 14-16 2-3 -
16 xan. 2016 Redondo y Asociados 32 17 (En Marea) 0 20 6 -
2016
21 out. 2012 Elección anterior 41 18 9 7 Non existía Non existía -

Porcentaxe de votos[editar | editar a fonte]

Data Fonte PPdeG PSdeG-PSOE AGE BNG En Marea Cidadáns Outros/

Branco

16 set. 2016 NC Report Arquivado 28 de maio de 2020 en Wayback Machine. 44,7% 18,8% (En Marea) 5,4% 22% Icluído en 'Outros' 9,1%
16. set 2016 Sondaxe (8) Arquivado 21 de setembro de 2016 en Wayback Machine. 42,2% 18% (En Marea) 5,4% 26,2% 4,4% 3,8%
15 set. 2016 Sondaxe (7) Arquivado 20 de setembro de 2016 en Wayback Machine. 42,7% 19,2% (En Marea) 5,7% 24,7% 4% 3,7%
14 set. 2016 Sondaxe (6) Arquivado 21 de setembro de 2016 en Wayback Machine. 41,8% 17,7% (En Marea) 6,3% 25,8% 4,3% 4,1%
13 set. 2016 Sondaxe (5) Arquivado 21 de setembro de 2016 en Wayback Machine. 42,6% 18% (En Marea) 4,7% 25,9% 4,9% 3,9%
12 set. 2016 Sondaxe (4) Arquivado 18 de setembro de 2016 en Wayback Machine. 42,9% 18,7% (En Marea) 4,5% 25,9% 4,5% 3,5%
11 set. 2016 Debate Electoral na TVG
11 set. 2016 Sondaxe (3) Arquivado 16 de setembro de 2016 en Wayback Machine. 44,1% 18% (En Marea) 4,8% 25,1% 4,3% 3,7%
10 set. 2016 Sondaxe (2) Arquivado 15 de setembro de 2016 en Wayback Machine. 44,1% 19,5% (En Marea) 5,2% 24% 3,9% 3,3%
9 set. 2016 Sondaxe Arquivado 14 de setembro de 2016 en Wayback Machine. 44,3% 18,3% (En Marea) 5,7% 25,4% 3,1% 3,2%
9 set. 2016 Celeste-Tel Arquivado 21 de setembro de 2016 en Wayback Machine. 45,4% 18,5% (En Marea) 5,2% 21,6% 3,7% 5,6%
9 set. 2016 Sigma Dos Arquivado 21 de setembro de 2016 en Wayback Machine. 45,7% 17,3% (En Marea) 7,1% 21,7% 3,9% 4,3%
8 set. 2016 Infortécnica Arquivado 14 de setembro de 2016 en Wayback Machine. 55,9% 21,3% (En Marea) 5,4% 15,5% 1,9% -
2 set. 2016 CIS 44,9% 19,9% (En Marea) 5,3% 19,9% 4,6% -
20 ago. 2016 Sondaxe NC Report Arquivado 31 de agosto de 2016 en Wayback Machine. 44,6% 19,1% (En Marea) 5,3% 18,8% 5,2% -
6 abr. 2016 GAD3 Arquivado 18 de xullo de 2016 en Wayback Machine. 44,1% 19,7% (En Marea) 6,7% 17,9% 5,1% 6,5%
16 xan. 2016 Redondo y Asociados 37% 21% (En Marea) - 25% 9% -
2016
21 out. 2012 Elección anterior 45,8% 20,6% 13,9% 10,1% Non existía Non existía 9,6%

Resultados[editar | editar a fonte]

Número de votos que obtiveron as principais candidaturas, co 100,00% escrutado:[7]

Eleccións ao Parlamento de Galicia 2016

Presidente e goberno Partido Candidato Votos % +/- Escanos +/-
PP Alberto Núñez Feijóo 682.150 47,56% +1,76% 41 =
En Marea Luís Villares 273.523 19,07% 14 +14
PSdeG-PSOE Xoaquín Fernández Leiceaga 256.381 17,87% -2,74% 14 -4
BNG Ana Pontón 119.446 8,33% -1,78% 6 -1
Cidadáns Cristina Losada 48.553 3,38%
PACMA 15.135 1,06% +0,50%
DO Miguel Caride 7.723 0,54% +0,25%
CxG Xoán Bascuas 4.109 0,29% -0,72%
Partido Anticorrupción y Justicia 2.535 0,18%
Gañemos 2.344 0,16%
Recortes Cero-Grupo Verde Pastora Fernández 2.276 0,16%
Cidadáns-Centrum 1.534 0,11%
PCPE 1.263 0,09% -0,03%
Escanos en Branco 1.111 0,08% -1,11%
Acción Democrática Ciudadanos de Galicia 651 0,05% +0,02%
Converxencia 21 Garcilaso de la Vega López 493 0,03% -0,04%
Alternativa Independiente de Galicia 367 0,03%
Unidos por el Futuro! 296 0,02%
Vía Nova Galicia 281 0,02%
Partido Libertario 210 0,01%

Escanos por provincias[editar | editar a fonte]

En letra grosa, o candidato do partido á presidencia da Xunta de Galicia:

Provincia Partido Cabeza de lista Votos % +/- Escanos +/-
A Coruña PP Diego Calvo Pouso 278.295 47,81% +2,42% 13 =
En Marea Antón Sánchez García 112.893 19,39% 5 +5
PSdeG-PSOE Xoaquín Fernández Leiceaga 99.934 17,17% -1,61% 5 =
BNG Ana Pontón 51.246 8,80% -0,81% 2 =
Provincia Partido Cabeza de lista Votos % +/- Escanos +/-
Lugo PP Francisco José Conde López 97.323 52,81% +1,33% 8 -1
PSdeG-PSOE Luis Manuel Álvarez 35.099 19,05% -3,76% 3 -1
En Marea Luís Villares 28.285 15,35% 2 +2
BNG Olalla Rodil 13.579 7,37% -1,34% 1 =
Provincia Partido Cabeza de lista Votos % +/- Escanos +/-
Ourense PP María Sol Díaz Mouteira 93.487 53,13% +3,96% 9 +1
PSdeG-PSOE Noela Blanco Rodríguez 31.006 17,62% -6,05% 2 -2
En Marea Mª de los Ángeles Cuña Bóveda 24.222 13,77% 2 +2
BNG Noa Presas 10.558 6,00% -2,46% 1 =
Provincia Partido Cabeza de lista Votos % +/- Escanos +/-
Pontevedra PP Alberto Núñez Feijóo 213.045 43,29% +0,48% 11 =
En Marea Carmen Santos Queiruga 108.123 21,97% 5 +5
PSdeG-PSOE Abel Losada Álvarez 90.342 18,36% -2,45% 4 -1
BNG Xosé Luis Bará Torres 44.063 8,95% -2,92% 2 -1

Parlamentarios electos[editar | editar a fonte]

Pola provincia da Coruña

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Investidura do Presidente da Xunta de Galicia[editar | editar a fonte]

Candidato Data Voto sinmarco Total
Alberto Núñez Feijoo
(PPdeG)
10 de novembro de 2016
Maioría requirida:
Absoluta (38/75)
Si 41
41 / 75
Non 14 14 6
34 / 75
Abstención
0 / 75

Notas[editar | editar a fonte]

  1. O lema do partido foi creado metade en castelán e metade en galego de xeito intencionado. Porén, na parte en galego debería dicir "Galicia merece máis".[6]
Referencias
  1. "En Marea, PSdeG e BNG critican que a data se «subordine» á «estratexia do PNV»". La Voz de Galicia. 1 de agosto de 2016. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2016. Consultado o 10 de setembro de 2016. 
  2. "Feijóo cree que los apoyos para su reelección reflejan la buena salud del PPdeG". Faro de Vigo (en castelán). 21 de xaneiro de 2016. 
  3. "Cristina Losada, candidata de Cidadáns á presidencia da Xunta". TVG. 9 de agosto de 2016. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2016. Consultado o 10 de setembro de 2016. 
  4. "Compromiso por Galicia aprobou hoxe o seu regulamento para as primarias abertas á cidadanía para as vindeiras eleccións ao Parlamento de Galicia". Xornal de Galicia. 30 de abril de 2016. Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2016. Consultado o 10 de setembro de 2016. 
  5. "Xoán Bascuas comprométese a ser a voz dos gandeiros no Parlamento de Galicia". 21 Noticias. 12 de agosto de 2016. Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2016. Consultado o 10 de setembro de 2016. 
  6. "Los tres errores del bus de Ciudadanos en la campaña de las elecciones en Galicia". Faro de Vigo (en castelán). 13 de setembro de 2016. 
  7. Xunta de Galicia. "Resultados ao 100% - Eleccións ao Parlamento de Galicia 2016". Consultado o 26 de setembro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]