Conversa:Partido Popular de Galicia

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Iso de situado á centro-dereita ideolóxica... Para ser neutrais habería que indicar, penso eu que se sitúan na dereita política e económica. As cousas polo nome. AlberteSi, digame? 09:53, 25 maio 2008 (UTC)

Modificar frase[editar a fonte]

Hai unha frase que coido que debe ser reescrita: "(..) quen ganou as últimas eleccións á Xunta de Galicia por maioría absoluta, derrotando ós socialistas (PSOE) e ós do BNG. Esta amarga derrota supuso a dimisión dos líderes socialista e do Bloque.

Os motivos son os seguintes:

  • 1) Entendo que hai un ensañamento innecesario para describir os feitos. Deberíamos optar por unha fórmula máis neutra, do estilo "fronte ás candidaturas do PSdG-PSOE e do BNG", ou "fronte ás expectativas do PSdG-PSOE e do BNG de revalidar o acordo de goberno".
  • 2) Referirse á organización política BNG como "os do BNG" é, cando menos, tabernario. Do mesmo xeito, considero impropio referirse ós militantes do PSOE coma "os socialistas"; unha cousa é que estas fórmulas se empreguen a nivel coloquial, e mesmo que sexan aceitadas polos propios militantes, e outra moi distinta metelas nunha enciclopedia que aspira a ser imparcial. No artigo, nin en nigures nesta wiki, se alude ós militantes do PP coma "os pepeiros" ou "os de dereitas" co que entendo que o mesmo nivel de respeto se lle deben outrogar ás demáis formacións políticas.
  • 3) Considero que o calificativo "amarga" sobra, na medida en que introduce un matiz de subxetividade. Os feitos son que os dous candidatos presentaron a súa dimisión por mor de resultados insatisfactorios, e iso é o que debemos recoller.

Polo tanto, solicito que se reescriba tendo en conta os tres puntos anteriores. Atentamente, --Iago dime 13:30, 6 abril 2009 (UTC)

  • Concordo co cambio. --Toliño Fala aquí comigo 13:37, 6 abril 2009 (UTC)
  • Concordo. De feito, coido que cómpre facelo xa mesmo. Ver o dos socialistas e os dos BNG ten unha connotacións que non caben na Galipedia. E efectivamente, volvendo sobre o comentario de hai tempo, eu daríalle un toque ao de centro-dereita e pasaría a concretar en qué é dereita e en que é centro-dereita. Con referencias, pódese facer perfectamente.--Atobar (conversa comigo) 13:41, 6 abril 2009 (UTC)

Creo que lle estamos dando demasiada importancia. É un erro producido por unha persoa que fai a súa primeira edición na wikipedia, ;) corríxese e xa está, ;) Non? --Xabier Cid Conversa 13:42, 6 abril 2009 (UTC)

Cheguei a este artigo a través dos cambios recentes, e a verdade é que nin mirei quen era o autor. De saber que era un novo colaborador, teríame dirixido a el directamente para explicarlle porqué opinaba que a frase debería escribirse doutro xeito. De todos modos, creo que é mellor que nas páxinas de conversa se espliquen os motivos que levan a cambiar a readacción dun artigo, sobre todo cando se trata de manter a neutralidade da wiki. Saúdos, e grazas por avisar --Iago dime 14:55, 6 abril 2009 (UTC)

Carretaxe de votos[editar a fonte]

¿Por qué no se puede documentar con referencias la carretaxe de votos que lleva realizando el Partido Popular desde los inicios de esta última restauración borbónica?

O Partido Popular de Galicia é a rama galega do Partido Popular español. Conta con 2042 concelleiros, e 12 no Congreso dos Deputados. É a maior forza política en número de escanos no Parlamento de Galicia grazas a carretaxe de votos. Tras a eleccións ao parlamento galego celebradas en marzo de 2009, o PSdeG e o BNG acadaron un total de 37 escanos (25 e 12 respectivamente), namentres que o PP subiu un respecto a 2005 e situouse nos 38 asentos.

Esto en un país civilizado (no cortijo representativo) sería considerado como fraude electoral. Digno, y repito nuevamente, de la restauración borbónica, la corrupción moral y clientelismo político.

Os recuerdo que la Wikipedia no puede actuar a modo totalitario. --87.223.79.141 6 de marzo de 2014 ás 03:06 (UTC)[responder]


NOn é galeguismo, se ben non sabedes oq ue é, seria mais antigaleguismo (Este comentario foi cousa do usuario Martinfg998, o 1 de febreiro de 2015 ás 22:01, pero esqueceu asinar.) [Pedro --Lameiro (conversa) 1 de febreiro de 2015 ás 21:05 (UTC)][responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Partido Popular de Galicia. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 6 de setembro de 2018 ás 13:49 (UTC)[responder]