Cruz Martínez Esteruelas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Non confundir con Cruz Martínez Vilas (1960), escritora galega.
Infotaula de personaCruz Martínez Esteruelas

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento4 de febreiro de 1932 Editar o valor em Wikidata
L'Hospitalet de Llobregat, España Editar o valor em Wikidata
Morte17 de setembro de 2000 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Minister of Education and Science (en) Traducir
4 de xaneiro de 1974 – 12 de decembro de 1975
← Julio Rodríguez Martínez (pt) TraducirCarlos Robles Piquer →
Minister of Development Planning (en) Traducir
11 de xuño de 1973 – 3 de xaneiro de 1974 – Joaquín Gutiérrez Cano →
Procurador en Cortes
11 de novembro de 1971 – 30 de xuño de 1977
← Julio Rodríguez Martínez (pt) TraducirJoaquín Gutiérrez Cano, Carlos Robles Piquer →
Procurador en Cortes
6 de novembro de 1967 – 12 de novembro de 1971
Procurador en Cortes
20 de decembro de 1965 – 15 de novembro de 1967
← Pascual Marín Pérez
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Deusto Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , avogado Editar o valor em Wikidata
Partido políticoFalange Española Tradicionalista y de las JONS
Alianza Popular Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua catalá Editar o valor em Wikidata
Premios

Cruz Martínez Esteruelas, nado en L'Hospitalet de Llobregat (Barcelona) o 4 de febreiro de 1932 e finado en Madrid o 17 de setembro de 2000, foi un político español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Dereito na Universidade de Deusto. Director Xeral do Patrimonio do Estado (1962 - 1965), foi procurador en Cortes (1965 - 1976) e director da Fundación Juan March (1970 - 1973). En 1973 substitúe a Laureano López Rodó ao cargo dun novo ministerio, o Ministerio de Planificación do Desenvolvemento, baixo a presidencia do almirante Luis Carrero Blanco. Elabóranse ese ano os obxectivos de desenvolvemento para os seguintes 10 anos.[1]

Meses despois, tralo asasinato de Carrero Blanco, pasa a ser Ministro de Educación e Ciencia co novo presidente Carlos Arias Navarro, cargo que ocupou entre os anos 1974 e 1975. Como ministro de Educación e Ciencia impulsou a Lei da Selectividade, e pechou a Universidade de Valladolid en plena axitación antifranquista.[1]

Na Transición militou en Alianza Popular, federación de pequenos partidos conservadores á que se incorporou como líder de Unión del Pueblo Español. Nas primeiras eleccións democráticas de xuño de 1977, Martínez Esteruelas presentouse como cabeza de lista pola provincia de Teruel ao Congreso, mais non acadou o escano.

Retírase entón da actividade política pública, centrándose na avogacía e a dirección da Fundación Tomás Moro.


Predecesor:
Laureano López Rodó
 Ministro de Planificación do Desenvolvemento de España 
1973 - 1974
Sucesor:
Joaquín Gutiérrez Cano
Predecesor:
Julio Rodríguez Martínez
 Ministro de Educación e Ciencia de España 
1974 - 1975
Sucesor:
Carlos Robles Piquer

Obras[editar | editar a fonte]

  • La enemistad política (1970)
  • Monarquía y cambio social (1974)
  • Cartas para el humanismo social (1976)
  • La agonía del Estado (2000)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Cruz Martínez Esteruelas, ex ministro de Educación e Ciencia, necroloxía no diario El País, 19 de setembro do 2000 (en castelán).