Acmeísmo
Aparencia
O acmeísmo foi un movemento poético que emerxeu en Rusia en torno 1910 e ata a segunda guerra mundial baixo a dirección de Nikolai Gumiliov, Anna Akhmatova e Osip Mandelshtam[1] e que procuraban unha volta ás formas clásicas dentro do modernismo como reacción ao simbolismo, coa consigna de amar a existencia do obxecto antes que o propio obxecto[2] utilizando unha claridade clásica e unha linguaxe corrente[3] pero mantendo o principio metafórico de transformación[4].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Simon Karlinsky. Marina Tsvetaeva CUP Archive, 1985, páxina 33
- ↑ Limiar á tradución portuguesa de Osip Mandelstam "O rumor do tempo", Sao Paulo, Editora 34, 2000
- ↑ Massaud Moisés Dicionário de Termos Literários. Editora Cultrix, Sao Paulo, 1914, páxina 194
- ↑ João Luiz Lafetá A dimensão da noite. Editora 34, 2004, páxina 362