Olga Bergholz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Olga Bergholz
Nacemento16 de maio de 1910, 1910 e 16 de maio de 1910
Lugar de nacementoSan Petersburgo
Falecemento13 de novembro de 1975, 1975 e 13 de novembro de 1975
Lugar de falecementoSan Petersburgo
SoterradaLiteratorskie mostki
NacionalidadeUnión Soviética
Alma máterFaculty of Philology of Saint Petersburg State University
Ocupaciónxornalista, poeta, escritora, dramaturga, escritora de literatura infantil e autora de diarios
CónxuxeBoris Kornilov, sen etiquetar e Georgij Pantelejmonovič Makogonenko
PremiosMedal "For the Defence of Leningrad", Premio Stalin, Orde de Lenin, Bandeira Vermella do Traballo e Medalha de "Mérito de Trabalho da Grande Guerra Patriótica 1941-1945"
Na rede
http://www.olgaberggolc.ru/
IMDB: nm0074511 Musicbrainz: 3c91e75f-b89c-4bae-a872-da1e6e13011b Discogs: 2145432 Find a Grave: 35867345 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Olga Fyodorovna Bergholz (en ruso: О́льга Фё́доровна Бергго́льц), nada en San Petersburgo o 3 de maioxul./ 16 de maio de 1910greg. e finada ibídem (na mesma cidade, renomeada Leningrado) o 13 de novembro de 1975, foi unha famosa poeta soviética, coñecida polo seu traballo na radio durante o asedio de Leningrado, onde foi o símbolo da forza e determinación da cidade.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pronuncia do nome de Olga Fyodorovna Bergholz (en ruso: О́льга Фё́доровна Бергго́льц)

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Era filla dun médico que traballaba nunha central eléctrica e publicou os seus primeiros versos en 1924.

Dos anos 20 ao 1940[editar | editar a fonte]

Monumento a Boris Kornilov, o seu primeiro marido e pai da súa filla Irina


En 1925, con quince anos, uniuse ao grupo literario "O cambio", onde coñeceu ao poeta Boris Kornilov, con quen casou en 1926, e con que ao pouco tempo tivo a súa filla Irina. Licenciouse en filoloxía na Universidade de Leningrado en 1930, e foi enviada a Casaquistán como xornalista para o xornal The Soviet Steppe. En 1930, con vinte anos, divorciouse de Kornilov e casou co seu amigo da universidade Nikolai Molchánov.

Despois do seu regreso a Leningrado, traballou como editora no xornal da fábrica Electrosila (1931-1934) e publicou varios libros. O 13 de decembro de 1938 foi encarcerada, permanecendo detida durante 7 meses durante a Gran Purga, onde unha malleira durante un interrogatorio provocou un mortinato. Boris Kornilov foi fusilado en 1938. Olga foi liberada o 3 de xullo de 1939, e posteriormente foi rehabilitada.

Actividade desde a Segunda guerra mundial[editar | editar a fonte]

Alistouse no partido comunista en 1940.

Bergholz é unha dos poetas máis coñecidos do Sitio de Leningrado. O seu segundo marido, Nikolai Molchánov, filólogo, morreu alí de fame en 1942. Olga permaneceu na cidade asediada. Alí creou os seus mellores poemas, dedicados aos defensores de Leningrado. Despois da guerra seguiu escribindo con éxito, incluíndo Pervorossiya en 1950, polo que recibiu o Premio Estatal da URSS.

En 2010 foron publicados os seus diarios onde relataba os seus anos máis difíciles, 1939-1949.[2]

Pasamento[editar | editar a fonte]

Olga Bergholz morreu en 1975. Está enterrada na Literátorskie Mostkí (Pontes Literarias) do cemiterio de Volkovo en San Petersburgo.

Homenaxes[editar | editar a fonte]

Foi condecorada coa Orde de Lenin, o Premio Stalin e numerosas medallas; unha rúa de San Petersburgo, un cráter de Venus e o planeta menor 3093 Bergholz descuberto pola astrónoma soviética Tamara Smirnova en 1971 levan o seu nome.[3]

Galería de placas e monumentos na súa honra[editar | editar a fonte]

Obra[editar | editar a fonte]

  • Глубинка - Glubinka (1932)
  • Годы штурма (1933)
  • Night and New Look (1935)
  • Журналисты (1934)
  • Зерна - Zerna (1935)
  • Стихотворения, (1934)
  • Книга песен (1936)
  • Февральский дневник (1942) - "Diario de febreiro"
  • Ленинградская поэма (1942) - "Poema de Leningrado"
  • Памяти защитников, (1944)
  • Tétrada de Leningrado (1942)
  • Первороссийск - "Pervorossik / Pervorossiya" (1950)
  • Oni Jili en Leningrado (1944)
  • У нас на земле - "Estás no mundo" (1947)
  • Верность - Vernost (1954)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Olga Bergholz: “The Voice of the Blockade”" (en inglés). 2018-07-24. Consultado o 2022-08-03. 
  2. "Olga Bergholz: poeta, que têm suportado muitas provações". pt.bogemolor.info (en portugués). Consultado o 2022-08-03. [Ligazón morta]
  3. "3094 Chukokkala - Поиск в Google". www.google.com. Consultado o 2022-08-03. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Ligazóns externas[editar | editar a fonte]