Oblast’
Unha oblast’/obladas[1] ou vóblasts/voblasts (en ruso область (feminino), en ucraíno: область, en búlgaro: о́бласт, en belaruso: вобласьць, transcrito: voblasts) é o nome de entidades subnacionais de Belarús, Bulgaria, a Federación Rusa, Ucraína, ademais de existir na antiga Unión Soviética.
As obladas están nun nivel por debaixo do nacional e subdivídense en distritos chamados raiony ou rayony (en ruso: районы; en ucraíno: райони). A palabra pode traducirse por "rexión" ou "provincia".
En Belarús utilízase unha palabra similar, voblast (voblasts), e en Casaquistán úsase a variante oblys (plural: oblystar).
Obladas de Bulgaria
[editar | editar a fonte]Desde 1999, Bulgaria está dividida en 28 oblasti, que se acostuma traducir como rexión. Con anterioridade, o país subdividíase en 9 unidades maiores, tamén chamadas oblast.
Obladas na Unión Soviética e estados sucesores
[editar | editar a fonte]Na Unión Soviética, as obladas eran as divisións de cada unha das Repúblicas Soviéticas. Algunhas obladas da RSS de Rusia tiñan unha estrutura complicada, composta non só por raións e cidades, sino tamén por entidades autónomas.
Nas repúblicas postsoviéticas a oblast’ está un nivel por debaixo do nacional. Subdivídese ademais en distritos chamados raións (en ruso: районы; ucraíno: райони). Unha gran cidade pode ser parte constituínte dunha oblast’, no mesmo nivel que un raion.
As obladas noutros países postsoviéticos chámanse oficialmente:
- Voblasts na RSS de Belarús
- Oblys na RSS de Casaquistán
- Oblast’ na RSS de Kirguizistán
- Viloyat na RSS de Taxiquistán
- Welayat na RSS de Turkmenistán
- Viloyat na RSS de Uzbekistán
Viloyat e welayat proveñen do árabe wilaya.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definición de Oblast’ no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |