O escudo de Heracles (en grego antigo Ἀσπὶς Ἡρακλέους: Aspis Hêrakléus; en latín, Scutum) é un fragmento de épica grega, composto por 481 liñas de hexámetros. O tema do episodio é a expedición de Heracles e Iolao contra o fillo de Ares chamado Cicno, quen desafiara a Heracles a un combate cando este pasaba preto de Itono (Tesalia). A historia está narrada cunha dicción recargada e pesada. A sección sobreviviu aparentemente polo pracer que proporcionaba a súa meticulosa descrición das imaxes e viñetas representadas en extravagantes relevos sobre o escudo feito por Hefesto para Heracles. A obra foi acriticamente atribuída a Hesíodo na antigüidade, pero probabelmente fose escrita no século -VI, imitando o estilo homérico.
A popularidade d'O escudo de Heracles na Atenas do século -VI pode calcularse a partir das ocorrencias nas que se detecta a súa presenza en vasillas áticas de entre -565 e -480[1] A probabilidade de transmisión oral e literaria durante a mesma época tamén foi estudada.[2]
O escudo de Heracles foi impreso por vez primeira, incluído nas obras completas de Hesíodo, por Aldo Manuzio en Venecia (1495);[3] o texto procedía de manuscritos bizantinos. Na época moderna varios papiros ofreceron seccións do texto, especialmente un papiro do século I en Berlín,[4] un papiro do século II de Oxirrinco[5] e o papiro Rainer de Viena, do século IV . Hai numerosos textos do século XII ao XV.
Compárese esta obra co «Escudo de Eneas» de Virxilio[6] e a moito máis breve descrición do escudo de Creneo na Tebaida.[7] O gramático Epafrodito de Queronea escribiu un comentario sobre O escudo de Heracles no século I que non se conserva, pero aparece citado varias veces por Estevo de Bizancio.
Hesíodo, Lattimore, R. A. (1959). The works and days. Theogony. The shield of Herakles. Ann Arbor, University of Michigan Press. OCLC312161.
Hesíodo, Athanassakis, A. N. (1983). Theogony; Works and days; Shield. Baltimore: Johns Hopkins University Press. ISBN978-0-8018-2998-7. Tradución, introdución e comentario.
Janko, R. (1986). "The Shield of Heracles and the Legend of Cycnus". The Classical Quarterly New Series36 (1): 38–59. Bibliografía da xénese d'O escudo de Heracles en p.38, nota 1.
Textofrancés, con comentarios na mesma lingua, no sitio de Philippe Remacle (1944 - 2011).
Textoinglés no sitio Theoi; trad. de 1914 de Hugh Gerard Evelyn-White.
Texto inglés, con índice electrónico, no Proxecto Perseus; trad. de 1914 de Hugh Gerard Evelyn-White. Na parte superior dereita atópanse os rótulos activos "focus" (para cambiar ao texto grego) e "load" (para o texto bilingüe).