O Busto, Saa, A Pobra do Brollón
O Busto | |
---|---|
Parroquia | Saa |
Concello | A Pobra do Brollón |
Poboación | 2 hab. (2017) |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Busto é unha aldea da parroquia de Saa no concello lucense da Pobra do Brollón. Aínda que no censo consta de 2 habitantes (1 home e 1 muller), está deshabitada.
Xeografía[editar | editar a fonte]
Está situada ao leste do concello, nos seus límites, a uns 1100 m de altitude, en plena Serra do Courel. Unha estrada sobe desde A Pobra en dirección á Pousa, Penadexo e Pradelas, e despois convértese nunha devasa de 4 km, que conduce ó Busto.
Preto da aldea están as montañas de Pena Redonda e a Pena dos Catro Cabaleiros, onde se reunían os habitantes do Incio, Samos, Folgoso do Courel e A Pobra do Brollón.
Historia[editar | editar a fonte]
Hai moitos anos, unha mina de ferro era explotada no lugar, onde aínda se poden ver os restos entre as silvas. Consérvanse restos do Muíño do Lucas.
Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]
Lugares de Saa[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Saa no concello da Pobra do Brollón (provincia de Lugo) | |
---|---|
O Barrio | O Busto | Castelán | Covadelas | Fondorallo | Lebrón | Lourente | Penadexo | A Pousa | Pradelas | Teixeira | Vilariño | O Viñal |