Romaría do San Vitoiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Os asistentes á romaría instálanse nas beiras do río Saa para pasar o día.

A Romaría do San Vitoiro celébrase o día 27 de agosto na capela do San Vitoiro, no concello da Pobra do Brollón. Esta capela está situada en plena serra da Trapa, na parroquia de Saa.

Características[editar | editar a fonte]

O San Vitoiro é o santo patrón de seis aldeas do concello: Penadexo, Pradelas, O Busto, Covadelas, Teixeira e Lebrón. Conta a lenda que o San Vitoiro apareceu nunha pena e por iso se lle construíu unha pequena capela a mediados do século XIX.

As festas duran dous días, o 27 e o 28, sendo o primeiro o día grande. Moitas famílias van de merenda ao San Vitoiro, sendo unha tradición que se repite ano tras ano e que non se perde.

É costume fregarse contra o santiño para pedirlle menos doenzas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]