Liñares, A Pobra do Brollón
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Liñares.
| Liñares | |
|---|---|
| Concello | A Pobra do Brollón[1] |
| Provincia | Lugo |
| Coordenadas | 42°29′39″N 7°23′48″O / 42.494248, -7.39674 |
| Área | 10 km² |
| Poboación | 31 hab. (2017) |
| Densidade | 3,1 hab./km² |
| Entidades de poboación | 4[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
San Cosme de Liñares é unha parroquia da Pobra do Brollón na provincia de Lugo. En 2008 tiña 31 habitantes (16 homes e 15 mulleres) agrupados nas entidades de Guariz, Liñares e Santiorxo, xa que a entidade de Covos está deshabitada. A densidade media é de 3,1 hab/km². En 1991 tiña 43 habitantes.
Limia coas parroquias de Pinel e Abrence ao norte, Abrence e Quintá de Lor ao leste, Vilachá de Salvadur e Rozavales ao sur, e Sindrán ao oeste.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Artístico:
- A igrexa de San Cosme foi construída no s. XVII, pero sufriu importantes reformas no s. XX. Ten dúas naves, muros de cachotaría e tellado de lousa. A fachada conta cunha porta enmarcada por arco de medio punto.A sancristía acaroada ó presbiterio. No interior, o retablo maior data do s. XVIII, con esculturas do s. XVII e s. XVIII.
- Capela de Santiorxo.
Natural:
Festividades
[editar | editar a fonte]Festas do Rosario en agosto.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Liñares
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Liñares no concello da Pobra do Brollón (Lugo) | |
|---|---|