Salcedo, A Pobra do Brollón
| Salcedo | |
|---|---|
Baixada do Oso, no Entroido da parroquia | |
| Concello | A Pobra do Brollón[1] |
| Provincia | Lugo |
| Coordenadas | 42°32′42″N 7°20′22″O / 42.545, -7.3394444444444 |
| Área | 20,1 km² |
| Poboación | 136 hab. (2025) |
| Densidade | 6,77 hab./km² |
| Entidades de poboación | 4[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
San Xoán de Salcedo é unha parroquia da Pobra do Brollón na provincia de Lugo. Pertence ó arciprestado de Santalla de Rei. Segundo o INE[2], en 2025 tiña 136 habitantes (71 homes e 65 mulleres), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación a 2011, cando tiña 168 habitantes.
Limita coas parroquias de Lamaigrexa e Parada dos Montes ao norte, Lamaigrexa e Castroncelos polo oeste, Vilamor ao leste, e Barxa de Lor e Vilar de Lor ao sur.
Xentilicio
[editar | editar a fonte]O seu xentilicio é salcedao[3].
Patrimonio artístico
[editar | editar a fonte]Ten igrexa parroquial da segunda metade do s. XVIII, fortemente reformada posteriormente. Ten unha torre cadrada, acaroada a un dos laterais da nave, cun fornelo que contén a imaxe de Santiago Peregrino.
Festividades
[editar | editar a fonte]Ten moita importancia o entroido de Salcedo, co popular Oso de Salcedo.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Salcedo
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Salcedo no concello da Pobra do Brollón (provincia de Lugo) | |
|---|---|
Parroquias da Pobra do Brollón
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ "Nomenclátor. Población por unidad poblacional". INE (en castelán). Consultado o 2026-02-09.
- ↑ "Xentilicios_0.pdf" (PDF). p. 22. Consultado o 22 de xullo de 2021.