Saa, A Pobra do Brollón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saa
Río Saa preto da capela do San Vitorio
ConcelloA Pobra do Brollón[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas42°34′52″N 7°22′41″O / 42.58112, -7.378162Coordenadas: 42°34′52″N 7°22′41″O / 42.58112, -7.378162
Área30,28 km²
Poboación106 hab. (2017)
Densidade3,5 hab./km²
Entidades de poboación13[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa María de Saa é unha parroquia da Pobra do Brollón na provincia de Lugo. Pertence ó arciprestado de Santalla de Rei. En 2007 tiña 151 habitantes (212 en 1991) agrupados en 13 entidades de poboación, cunha densidade de 4,99 hab./km².

Linda ó norte coas parroquias de Ferreiros e Trascastro; ó sur coa Pobra do Brollón e Lamaigrexa; ó leste con Vilamor e Parada dos Montes e, ó oeste con Castrosante.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A igrexa de Santa María foi construída a finais do s. XVI. Ten na fachada unha porta enmarcada nun arco adoelado e cabido suxeito por columnas. A sancristía está acaroada ó presbiterio. No interior posúe un retablo de liñas renacentistas e esculturas dos s. XVII e s. XVIII. Nela celébranse o 15 de agosto as festas patronais da Nosa Señora.

A capela do San Vitoiro está situada no medio das montañas. Segundo a lenda, o San Vitoiro apareceu nunha pena e por iso se lle construíu unha pequena capela a mediados do século XIX. É o santo patrón das aldeas das Forgas, Covadelas, Teixeira, Pradelas, Penadexo e Lebrón. Nela celébrase o 27 de agosto a romaría do San Vitoiro. É costume fregarse contra o santiño para pedirlle menos doenzas.[2]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Saa[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Saa no concello da Pobra do Brollón (provincia de Lugo)

O Barrio | O Busto | Castelán | Covadelas | Fondorallo | Lebrón | Lourente | Penadexo | A Pousa | Pradelas | Teixeira | Vilariño | O Viñal

Parroquias da Pobra do Brollón[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias da Pobra do Brollón

Abrence (San Xoán) | Barxa de Lor (Santa Mariña) | Canedo (San Miguel) | Castroncelos (Santiago) | Castrosante (Santa Mariña) | Cereixa (San Pedro) | Eixón (San Xurxo) | Ferreiros (San Salvador) | A Ferreirúa (San Martiño) | Fornelas (Santa Comba) | Lamaigrexa (San Pedro) | Liñares (San Cosme) | Óutara (Santa María) | Parada dos Montes (Santa Einés) | Pinel (Santa María) | Piño (Santa María) | A Pobra do Brollón (San Pedro) | Saa (Santa María) | Salcedo (San Xoán) | Santalla de Rei (Santalla) | Veiga (San Xián) | Vilachá (San Mamede)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]