Covadelas, Saa, A Pobra do Brollón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Covadelas
ParroquiaSaa
ConcelloA Pobra do Brollón
Poboación7 hab. (2017)

Covadelas é unha aldea pertencente a parroquia de Saa, no concello da Pobra do Brollón. Estivo deshabitada durante anos pero hai 10 anos comezou a súa repoboación. En 2008 tiña 20 habitantes (10 homes e 10 mulleres).

Está situada a 800 m de altitude nunha zona de alta montaña. Accédese por unha estrada que ven da Pobra do Brollón e sobe desde A Pousa. Antes de chegar á Veneira hai o desvío a Covadelas.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Dos catro muíños que tiña o pobo, hoxe só quedan os de Maceda e O Coxo. Ambos eran de depósito, polo que non dependían realmente do caudal do río. No estiaxe, un depósito de auga xunto ás construcións permitía seguir moendo. O de Maceda, construído en 1899, deixou de moer fai moitos anos. O muíño do Coxo, en cambio, mantense hoxe en bo estado. O río forma á súa altura unha pequena fervenza e un pouco máis abaixo volve precipitarse nunha espectacular caída de vinte metros.

Tamén se conserva o colexio que se utilizou ata os anos 70.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Saa[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Saa no concello da Pobra do Brollón (provincia de Lugo)

O Barrio | O Busto | Castelán | Covadelas | Fondorallo | Lebrón | Lourente | Penadexo | A Pousa | Pradelas | Teixeira | Vilariño | O Viñal

Parroquias da Pobra do Brollón[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias da Pobra do Brollón

Abrence (San Xoán) | Barxa de Lor (Santa Mariña) | Canedo (San Miguel) | Castroncelos (Santiago) | Castrosante (Santa Mariña) | Cereixa (San Pedro) | Eixón (San Xurxo) | Ferreiros (San Salvador) | A Ferreirúa (San Martiño) | Fornelas (Santa Comba) | Lamaigrexa (San Pedro) | Liñares (San Cosme) | Óutara (Santa María) | Parada dos Montes (Santa Einés) | Pinel (Santa María) | Piño (Santa María) | A Pobra do Brollón (San Pedro) | Saa (Santa María) | Salcedo (San Xoán) | Santalla de Rei (Santalla) | Veiga (San Xián) | Vilachá (San Mamede)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]