Fornelas, A Pobra do Brollón
Coordenadas: 42°33′57.0″N 7°26′39.6″O / 42.565833, -7.444333
Fornelas | |
---|---|
Concello | A Pobra do Brollón[1] |
Provincia | Lugo |
Área | 3,11 km² |
Poboación | 70 hab. (2017) |
Densidade | 22,51 hab./km² |
Entidades de poboación | 7[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa Comba de Fornelas é unha parroquia da Pobra do Brollón na provincia de Lugo. Pertence ó arciprestado de Santalla de Rei. En 2008 tiña 84 habitantes, 45 homes e 39 mulleres, agrupados en 7 entidades de poboación, cunha densidade media de 27 hab./km². En 1991 TIÑA 114 habitantes.
Limita coas parroquias de Eixón ao norte, Cereixa ao leste, Chavaga ao sur e A Parte ao oeste.
Patrimonio[editar | editar a fonte]
Quedan restos do antigo Castro de Montecelo, no monte do mesmo nome.
Igrexa de Santa Comba de Fornelas.
Festividades[editar | editar a fonte]
As festas da parroquia celébranse o primeiro domingo de agosto na honra a Santo Antón. Antigamente, celebrábanse o 1 de xaneiro.
Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]
Lugares de Fornelas[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Fornelas no concello da Pobra do Brollón (Lugo) | |
---|---|
A Arcoia | O Campo | A Corredoira | O Fondón | Lugar de Abaixo | Lugar de Arriba | O Pumar |