Lamaigrexa, A Pobra do Brollón
| Lamaigrexa | |
|---|---|
| Concello | A Pobra do Brollón[1] |
| Provincia | Lugo |
| Coordenadas | 42°33′37″N 7°22′07″O / 42.5604009, -7.36870659 |
| Área | 11,22 km² |
| Poboación | 97 hab. (2017) |
| Densidade | 8,65 hab./km² |
| Entidades de poboación | 7[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
San Pedro de Lamaigrexa é unha parroquia da Pobra do Brollón na provincia de Lugo. Pertence ó arciprestado de Santalla de Rei. En 2008 tiña 120 habitantes (57 homes e 63 mulleres) repartidos en 7 entidades de poboación, cunha densidade de 10,7 hab./km². En 1991 tiña 193 habitantes.
Limita ó norte coa parroquia de Saa, ó sur con Castroncelos e Salcedo, ó leste con Parada dos Montes e Salcedo, e ó oeste coa Pobra do Brollón.
Historia
[editar | editar a fonte]Quedan restos do antigo castro de Lamaigrexa. Un documento do s. XIII fai referencia á existencia desta freguesía.
Patrimonio artístico
[editar | editar a fonte]O templo parroquial é do s.XVIII, ten unha nave de planta rectangular, muros de cachotaría e tellado de lousa. Sancristía acaroada ao presbiterio. Torre de tres corpos. No interior atopamos retablos neoclásicos con esculturas.
Festividades
[editar | editar a fonte]Festas de San Antón en xuño.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Lamaigrexa
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Lamaigrexa no concello da Pobra do Brollón (Lugo) | |
|---|---|
|
Carril | Lamaigrexa | Martul de Alende | Recemunde | Tudriz | Vilar de Peras |