Castrosante, A Pobra do Brollón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°34′40.88″N 7°24′14.59″O / 42.5780222, -7.4040528

Castrosante
ConcelloA Pobra do Brollón
Área5 km²
Poboación33 hab. (2011)
Densidade6,6 hab./km²
Entidades de poboación2

Santa Mariña de Castrosante é unha parroquia da Pobra do Brollón na provincia de Lugo. Pertence ó arciprestado de Santalla de Rei. No ano 2011 tiña 33 habitantes (18 homes e 15 mulleres) e unha densidade de 6,6 hab./km². Isto supón un importante descenso respecto ó ano 1991, cando tiña 56. Na actualidade só está poboada a entidade de Castrosante, estando deshabitado o lugar de Alto de Santa Lucía.

Linda ao noroeste con Santalla de Rei, ao norte con Ferreiros, ao leste con Saa, ao sur con Cereixa e A Pobra do Brollón, e ao oeste con Eixón.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Consérvanse algúns restos do antigo castro de Santa María, que foi destruído e que lle dá nome á parroquia.

A igrexa de Santa Mariña data do século XIX. Ten nave de planta rectangular, muros de cachotaría, cuberta a dúas augas con tellado de lousa. No interior conserva retablos con esculturas do s. XVIII. O 16 de febreiro de 2011 quedou parcialmente destruída despois dun tornado e aínda non foi rehabilitada.[1]

Festividades[editar | editar a fonte]

As festas da parroquia celébranse en agosto na honra a San Roque.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Castrosante[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Castrosante no concello da Pobra do Brollón (provincia de Lugo)

Alto de Santa Lucía | Castrosante

Parroquias da Pobra do Brollón[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias da Pobra do Brollón

Abrence (San Xoán) | Barxa de Lor (Santa Mariña) | Canedo (San Miguel) | Castroncelos (Santiago) | Castrosante (Santa Mariña) | Cereixa (San Pedro) | Eixón (San Xurxo) | Ferreiros (San Salvador) | A Ferreirúa (San Martiño) | Fornelas (Santa Comba) | Lamaigrexa (San Pedro) | Liñares (San Cosme) | Óutara (Santa María) | Parada dos Montes (Santa Einés) | Pinel (Santa María) | Piño (Santa María) | A Pobra do Brollón (San Pedro) | Saa (Santa María) | Salcedo (San Xoán) | Santalla de Rei (Santalla) | Veiga (San Xián) | Vilachá (San Mamede)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]