O mar nunha flor
O mar nunha flor | |
---|---|
Alvariza no Con do Moucho, xullo de 2015. | |
Localización | Illa de Arousa |
Anos | Desde 2015 |
Nº edicións | 6 |
Fundadores | Uxía Senlle |
Data | Verán |
Xénero | Música, contacontos, teatro de monicreques e outros eventos |
Organizador | Uxía Senlle e Lidia Luna (1ª edición) |
Web oficial | omarnunhaflor.gal (obsoleta) ; https://www.facebook.com/omarnunhaflor |
Na rede |
O mar nunha flor é un evento cultural desenvolvido durante o mes de xullo na Illa de Arousa, no que están presentes expresións artísticas de todo tipo: concertos, obradoiros, contos, proxeccións, exposicións etc. A Illa convértese nun centro de intercambio cultural con artistas da zona e de todo o mundo.
Historia
[editar | editar a fonte]O festival celébrase desde xullo de 2015. En 2020 e 2021 foi interrompido pola pandemia de Covid-19, e volveu na edición de 2022. [1]
Edición 2022
[editar | editar a fonte]Eventos e artistas participantes:
- "Acorda", documental no auditorio municipal.
- "Impro chou, humor a tope", con Carlos Blanco, Oswaldo Digón e Lucía Veiga
- . "CoraSóns", reunión musical con Magín Blanco, Pablo Vidal, Norton Daiello, e Rui David
- . Exposición colectiva con obras de Ruth Vidal, Adriana Cores, e Xurxo Romero.
- . "A viaxe de Rosalía", espectáculo de monicreques por Larraitz Urruzola.
- "A Banda do Verán", evento musical por Xoan Curiel.
- "A vida tola de Pajarito", festival de animación con pallasos.
- "O Picadiscos", cancións infantís tradicionais galegas por María Faltri e Jorge Juncal
Edición 2019
[editar | editar a fonte]Eventos e artistas participantes:
- "Unha noite na praia", peza de teatro de Javier Veiga, con Carlos Blanco e Xosé Antonio Touriñán.
- "Cantamos un conto", de Luis Vallecido.
- "Brinca vai", de Paco Nogueiras.
- A caixiña de mistos: cinema infantil.
- Andhrea & The Black Cats.
- "Os Amigos dos Músicos".
- Pakolas.
- Antilia.
- Obradoiro de canto con María Costas.
- Fanfarria Furruxa.
- "Sempre Zeca": tributo ao Zeca Afonso con António Zambujo, Uxía Senlle, Carlos Blanco, XM Budiño, Couple Coffee, Sérgio Tannus, Quiné, Ugia Pedreira, Pol Oñate e João Gentil.
- Exposicións de Ruth Vidal, Xurxo Romero e Adriana Torres.
Edición 2018
[editar | editar a fonte]Organizado por Uxía Senlle, Carlos Blanco e Faber Cores, coa participación de:
- Javier Rosa: obradoiro de fotografía escénica.
- Concerto do profesorado da Escola Municipal de Música.
- A caixiña de mistos: cinema infantil.
- Dhogs: cinema.
- Títeres Seisdedos, coa peza "O galo Quirico e os seus amigos".
- Mofa e Befa, coa peza "Cranios Privilexiados".
- O mago Cali.
- Milladoiro, co disco "Atlántico".
- Carlos Blanco, Najla Shami, Marcos Teira, Luiz Caracol, Uxía Senlle, Sérgio Tannus, Xosé Manuel Budiño, Santiago Auserón, Quilma, Coro Encaixe, Brais Morán, Carlos Santiago, Manuel Seixas, Xurxo Romero, Santi Frutos, Artur Nieto e Alejandro Vargas, entre outros: "O Narf nunha flor" (homenaxe a Narf).
- Exposicións de Xurxo Romero e Proxecto Solarigrafía (varios autores).
Edición 2017
[editar | editar a fonte]Organizado por Uxía Senlle e Faber Cores, coa participación de:
- Víctor Coyote: actuación musical e exposición artística A liña de cons.
- A caixiña de mistos (cinema infantil).
- Falúa (música lusófona).
- Pablo Trasno de Pista catro (circo na rúa).
- "O encoro do meigallo", Os monicreques de Kukas.
- A banda da Balbina (Ska festeiro en galego).
- "Catalina Lino Lina" (teatro infantil).
- "A noite máis Krahe" con Uxía Senlle, Carlos Blanco, Roberto Sobrado, Serxio Zearreta, Tatán Cunha, Factoría de Subsistencia, Leo e Arremecághona, Xosé Constenla, Pablo Vidal e Manuel Seixas.
- "Peor imposible" de Peter Punk (humor).
- Concerto de Antilia.
- Presentación do libro "Terra" de Xurxo Mariño.
- Grupo Dorna (música tradicional, da Illa de Arousa) e convidados.
- António Zambujo (cantautor portugués).
Edición 2016
[editar | editar a fonte]Organizado por Uxía Senlle e Faber Cores, coa participación de:
- Luiz Caracol (cantante portugués de música mestiza).
- Exposición "Dúas Illas"
- Odaiko (grupo galego de percusión).
- Obradoiro de confección de coiro de Julia Dacosta.
- Silvia Penide (cantautora galega).
- "A lingua na boca" de Limiar Teatro.
- "Xan Perillán, compra queixo compra pan", Os monicreques de Kukas.
- Federico Pérez (monólogo).
- Os quinquilláns (teatro de rúa).
- Xoán Curiel (cantautor galego).
- Grupo de gaitas da ACD Dorna (música tradicional, da Illa de Arousa).
- Tatán Cunha (cantautor galego).
Edición 2015
[editar | editar a fonte]Organizado por Uxía Senlle e Lidia Luna, coa participación de:
- Celso Fernández Sanmartín (contacontos).
- Alvariza (folk).
- Obradoiro Arte e natureza: as Crebas de Antón Sobral e Carmen Hermo, con música de Magín Blanco e Uxía Senlle.
- Perotá Chingó (pop da Arxentina).
- Proxección do filme Encallados, de Alfonso Zarauza.
- Cata de viño a cargo de Maruxa Quiroga con música do DJ Charles White.
- ACD Dorna (música tradicional, da Illa de Arousa).
- Uxía Senlle e Narf, con Santiago Auserón.
Notas
- ↑ "«O mar nunha flor» volve encher de música, animación e teatro A Illa". LVG. 2022-07-06. Consultado o 2024-04-14.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Facebook oficial do evento.
- Website oficial do evento. Arquivado 20 de agosto de 2016 en Wayback Machine.
- Facebook e Website da edición de 2015.