Najla Shami

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaNajla Shami

Shami no Culturgal de 2012. Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo XX Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2003 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoFolk Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata

Najla Shami, nada en Compostela, é unha cantora e compositora galega, filla de tres culturas: palestina, galega e arxentina, creceu entre Galiza e Kuwait.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comeza a estudar e cantar con 9 anos, facendo parte de diversas corais e formacións de música tradicional galega. Nesa altura crea as súas primeiras cancións. En 1997 decidiu estudar música moderna e educación musical afondando na técnica vocal e na súa pedagoxía, actividade que a levou a países como Noruega, os Estados Unidos, Xordania, Kuwait, a India, Inglaterra, Portugal e España.

Gradualmente incorpora novas influencias na súa linguaxe, achegando sonoridades de Portugal, o Brasil e África que mestura coas súas raíces e co jazz, e imprimen unha profunda pegada na súa evolución. En xullo de 2013 lanzou o libro-disco Na lingua que eu falo (Editorial Galaxia), no que afonda na obra da escritora Rosalía de Castro. Unha selección de dez temas que reúne sete poemas da autora galega con música orixinal, dúas novas creacións e unha revisión do clásico Negra Sombra.[1]

Discografía[editar | editar a fonte]

En solitario[editar | editar a fonte]

Con outros[editar | editar a fonte]

  • CoraSons - VV. AA. (2013) (Kalandraka)
  • Haikus - Lobalú (2011) (Najla Shami - Héctor Lorenzo)
  • Ben Deitei - Safari Orquestra (2010) (Ouvirmos)
  • The Past to Come - Cinnamon Gum (2003) (Enterphonics)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Biografía". Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2015. Consultado o 27 de xuño de 2015.