Xosé Constenla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xosé Constenla
Nacemento1980
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupacióncantante
editar datos en Wikidata ]

Xosé Constenla Vega, nado en Santiago de Compostela en 1980, é un xeógrafo e cantautor galego. Exerce como profesor da Universidade de Vigo na Facultade de Ciencias da Educación (Campus de Ourense).[cando?]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado e Doutor en Xeografía pola Universidade de Santiago de Compostela, é técnico especialista en Sistemas de Información Xeográfica (2006). Foi profesor de Xeografía na Universidade da Coruña, na Universidade Carlos III de Madrid, na Universidade de León e investigador no Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA). Traballou durante 8 anos como xeógrafo na Área de Urbanismo e Ordenación do Territorio de IDOM. Na actualidade é profesor da Universidade de Vigo na área de Didáctica das Ciencias Sociais.

Ten publicado diversos traballos e artigos en revistas de ámbito estatal e internacional.

Como cantautor ten editado tres discos (Quen fixo berrar ao silencio -2005- Olladas dun entusiasta -2008- e Sinecismo. Xosé Constenla ao vivo -2013-) e ofrecido máis de 300 concertos e recitais. A súa música amosa estados de ánimo e impresións sobre o acontecer social e algunhas visións persoais de intrahistorias cotiás que están sometidas a unha constante avaliación sentimental.

Participou en ciclos e certames de canción autor, e recibiu diversos premios pola súa produción.

O 28 de xuño de 2013 gravou o seu terceiro traballo discográfico en directo no Salón Teatro. Despois de 18 concertos por distintos lugares do país acompañado polo pianista Xavier Constenla, gravou ao vivo e en directo un novo disco. Para esa ocasión reuniu unha banda formada por Leo Gianetto (guitarras), Kike Calzonetti (baixo) e Rober Vázquez (batería). No concerto fixo repaso dos seus dous discos anteriores e presentou 9 temas inéditos. No disco tamén participaron artistas convidados como o cantautor madrileño Javier Bergia, o catalán Litus, e os galegos Roberto Sobrado e César de Centi así o frautista Luis Soto (frautista da Real Filarmonía e membro do Taller Atlántico Contemporáneo).

En febreiro de 2016 lanzou Virada por Avante, producido e arranxado polo músico Fredi Marugán, o seu cuarto traballo, no que se aprecia unha evolución nas composición e no estilo musical cara o folk-rock americano. O disco está composto por 11 cancións nas que se mistura a temática social coa sentimental. O tema de lanzamento é "A luz entre a desorde" que conta cun vídeo realizado e producido polo propio Xosé Constenla.

Noa ano 2017, resultou gañador do XVII Premio Ramón Piñeiro de Ensaio pola obra O colapso territorial en Galiza. Unha lectura dende o espazo da construción social do país, que organizan conxuntamente a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e Editorial Galaxia coa colaboración de Gas Natural Fenosa.

Obra escrita[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

Obra musical publicada[editar | editar a fonte]

  • Quen fixo berrar ao silencio, 2004, Setestrelo Editora.
  • Olladas dun entusiasta, 2008, Setestrelo Editora.
  • Sinecismo. Xosé Constenla ao vivo (CD+DVD), 2013, Setestrelo Editora.
  • Virada por avante, 2016, Setestrelo Editora

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]