Saltar ao contido

Nico González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaNico González

(2021) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinalNicolás González Iglesias
Biografía
Nacemento3 de xaneiro de 2002 Editar o valor en Wikidata (23 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Altura1,88 m.
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Deporte base
2008–2013 Montañeros CF
2013–2020 FC Barcelona
  Equipo Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2019–2022   FC Barcelona B 27(0)
2021–2023   FC Barcelona 40(2)
2022–2023 cesión   Valencia CF 32(1)
2023–2025   FC Porto (9)
2025– Manchester City 0(0)
Familia
PaiFrancisco Javier González Pérez Editar o valor en Wikidata
ParentesJosé Ramón González Pérez, tío Editar o valor en Wikidata

Instagram: nico14 UEFA: 250123952 Editar o valor en Wikidata

Nicolás González Iglesias, nado na Coruña o 3 de xaneiro de 2002, é un futbolista galego, que xoga de centrocampista no Manchester City, da Premier League de Inglaterra.

É fillo do histórico capitán do Deportivo da Coruña, Fran, e sobriño do tamén exfutbolista José Ramón.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Montañeros

[editar | editar a fonte]

Fillo do futbolista Fran, capitán e xogador con máis partidos na historia do Deportivo da Coruña, Nico naceu na Coruña o 3 de xaneiro de 2002, tres meses antes de que seu pai levantase a Copa do Rei no Santiago Bernabéu o día do célebre Centenariazo.[1]

Comezou a xogar ao fútbol no campo de fútbol 7 da casa de seus pais en Xaz (Oleiros),[2] e aos seis anos ingresou na canteira do Montañeros CF, onde exercía como adestrador do primeiro equipo o seu tío José Ramón, tamén excapitán do Deportivo. A pesar de varias lesións, axiña empezou a destacar pola súa habilidade e por unha forte competitividade.[2] Por este motivo militaba en categorías superiores ás da súa idade, xogando con rapaces dous ou tres anos maiores.[3] Ás ordes de Jaime Paz compartiu equipo con xogadores como Álex Ramos, Dani Tasende ou os xemelgos Isra e Álex Pérez, todos maiores que el.[2]

FC Barcelona

[editar | editar a fonte]

Categorías inferiores

[editar | editar a fonte]

Tras un achegamento do Deportivo da Coruña, que non se chegou a concretar por non se chegar a un acordo sobre en que categoría debería xogar,[4] en 2013, con 11 anos, ingresou na canteira do FC Barcelona, que seguía os seus pasos dende o Torneo Internacional Arousa Fútbol 7 de 2012, no que o Montañeros derrotara ao Barcelona por 2-0 con dous goles de Nico.[5]

Xogou primeiramente no Infantil B e foi subindo polas diferentes categorías do Barça,[6] conquistando o título de liga co Infantil B (2013/14), o Cadete B (2015/16), o Cadete A (2016/17) e o Xuvenil A (2019/20).[7]

FC Barcelona B

[editar | editar a fonte]

O 19 de maio de 2019 debutou co filial, o FC Barcelona B, nun encontro fronte ao Castellón, na derradeira xornada da Segunda división B.[8]

Comezou a tempada 2020/21 con ficha no equipo xuvenil, pero xogou de xeito habitual co filial, e en febreiro de 2021, xa convertido nun fixo nas aliñacións do adestrador blaugrana García Pimienta, pasou a ser a todos os efectos xogador do filial.[9][10] En maio de 2021 o club renovou o seu contrato por tres tempadas, establecendo unha cláusula de rescisión de 500 millóns de euros.[11]

Primeiro equipo

[editar | editar a fonte]

O 15 de agosto de 2021 debutou co primeiro equipo do FC Barcelona na Primeira División, na primeira xornada da tempada 2021/22 contra a Real Sociedad no Camp Nou, entrando como substituto de Sergio Busquets no minuto 83.[12] Un mes e medio despois xogou o seu primeiro partido como titular, colocándoo Ronald Koeman no equipo inicial nunha vitoria por 3-0 contra o Levante.[13] O 29 de setembro fixo o seu debut na Liga de Campións, disputando a media hora final na derrota por 3-0 contra o Benfica no Estádio da Luz.[14] Marcou o seu primeiro gol como profesional o 12 de decembro do mesmo ano, nun partido de liga contra o Osasuna no Sadar.[15]

En xaneiro de 2022 foi subido definitivamente ao primeiro equipo, e completou a tempada cun total de 37 partidos, 17 deles como titular, e 2 goles.

En agosto do mesmo ano o club renovou o seu contrato ata 2026, aumentando a súa cláusula de rescisión ata os 1.000 millóns de euros, e para a tempada 2022/23 foi cedido ao Valencia, adestrado por Gennaro Gattuso.[16]

Debutou co equipo valenciano na primeira xornada ante o Girona e marcou o seu único gol coa camiseta ché tres semanas despois diante do Getafe. En decembro sufriu a fractura do quinto metatarsiano do pé esquerdo, lesión que o obrigou a pasar polo quirófano e que o afastou durante varios meses dos terreos de xogo.[17] Con todo, reapareceu a un gran nivel en marzo de 2023 e fíxose rapidamente coa titularidade, na que se mantivo ata o final da tempada.[18] Completou o seu paso polo Valencia cun total de 26 partidos e un gol.

En xullo de 2023 confirmouse o seu traspaso ao Porto de Portugal, por 8,5 millóns de euros, sendo unha petición do técnico Sérgio Conceição.[19] Disputou o seu primeiro encontro co club na Primeira Liga na primeira xornada, sendo titular na vitoria por 1-2 sobre o Moreirense no Parque Joaquim de Almeida Freitas.[20] Nos seus primeiros meses en Portugal custoulle entrar nas aliñacións titulares, pero a continuación o seu rendemento comezou a mellorar notablemente.[21] O 26 de maio de 2024 conquistou a Copa de Portugal, sendo titular na final contra o Sporting no Estadio Nacional en Oeiras.[22] Pechou a súa primeira tempada cun total de 39 partidos e 2 goles.

Comezou a tempada 2024/25 con Vítor Bruno como novo adestrador e marcou na Supercopa de Portugal un dos catro goles cos que o seu equipo remontou os tres tantos iniciais do Sporting, gañando así o título que inauguraba a campaña.[23] Nos seguintes meses realizou grandes actuacións co Porto, sumando seis goles e sete asistencias, ata o punto de converterse nun dos xogadores máis destacados da liga.[21] O 30 de xaneiro de 2025 no estadio Partizan de Belgrado marcou ante o Maccabi Tel Aviv o gol que clasificou ao seu equipo para os 1/16 de final da Europa League.[24] Ese partido, que supuxo o debut de Martín Anselmi como adestrador do Porto, foi tamén o último de Nico González co club portugués, pois catro días despois, nos últimos instantes do mercado invernal, o Manchester City anunciou a súa fichaxe, despois de pagar os 60 millóns de euros da súa cláusula de rescisión. Converteuse así no traspaso máis caro dun futbolista galego na historia, dobrando os 30 millóns de euros que pagara o Al-Ahli saudita por Gabri Veiga en 2023.[25] O balance final do seu ano e medio no Porto, foi de 68 partidos oficiais, 9 goles e 9 asistencias.

Manchester City

[editar | editar a fonte]

Incorporado co obxectivo de suplir a baixa de longa duración do último gañador do Balón de Ouro, Rodri,[25] Nico González chegou ao vixente campión da Premier League e da Liga de Campións no peor momento deportivo do club inglés dende a chegada de Pep Guardiola, na quinta praza da táboa e despois de sufrir unha histórica goleada por 5-1 a mans do Arsenal.[26] Debutou co equipo citizen o 8 de febreiro, xogando como titular nun partido da FA Cup ante o Leyton Orient en Brisbane Road, pero foi substituído aos 20 minutos tras mancarse nunha acción do xogo.[27] Reapareceu unha semana despois saíndo de inicio na goleada por 4-0 ante o Newcastle, no que foi o seu debut na Premier League,[28] e foi titular tamén catro días despois na Liga de Campións ante o Real Madrid, marcando o único gol do seu equipo, insuficiente para evitar a eliminación por un resultado global de 6-3.[29]

Selección española

[editar | editar a fonte]

O 8 de outubro de 2021 debutou coa selección española sub-21, nun encontro fronte a Eslovaquia.[30]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Porto
  1. Martínez, Ferran (19 de novembro de 2021). "La sorpresa del Súper Depor a Nico González, hijo del ‘Centenariazo’". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 4 de febreiro de 2025. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Los ecos del fútbol de Nico en A Coruña". DxT Campeón (en castelán). 5 de febreiro de 2025. Consultado o 5 de febreiro de 2025. 
  3. Giraldo, Javier (31 de marzo de 2022). "El gran viaje de Nico González: de Montañeros a la elite". Sport (en castelán). Consultado o 4 de febreiro de 2025. 
  4. Baltar, Sergio (4 de febreiro de 2025). "El coruñés Nico González ficha por el Manchester City y se convierte en el sexto futbolista español más caro de la historia". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 4 de febreiro de 2025. 
  5. "Nico González, el alumno aventajado". La Vanguardia (en castelán). 21 de agosto de 2021. Consultado o 4 de febreiro de 2025. 
  6. Centeno, Alexandre (11 de decembro de 2012). "Nicolás, rumbo a La Masía". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 26 de abril de 2021. 
  7. "Presente y futuro: Nico". www.fcbarcelona.es (en castelán). Consultado o 2022-01-30. 
  8. "Nico, el hijo de Fran, debuta con el Barça B". Sport (en castelán). 19 de maio de 2019. Consultado o 26 de abril de 2021. 
  9. Centeno, Alexandre (1 de febreiro de 2021). "Nico González, el hijo de Fran, pasa a tener ficha del Barça B". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 26 de abril de 2021. 
  10. Martínez, Ferrán (14 de abril de 2021). "En el Barça alucinan con la explosión de Nico González". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 26 de abril de 2021. 
  11. Martínez, Ferran (12 de maio de 2021). "Nico González renueva tres temporadas y 500 millones de cláusula". Mundo Deportivo. Consultado o 12 de maio de 2021. 
  12. "Nico González, hijo del deportivista Fran, debuta con el Barça en partido oficial". Diario de Pontevedra (en castelán). 16 de agosto de 2021. Consultado o 16 de agosto de 2021. 
  13. "Primera titularidad del gallego Nico González con el primer equipo del Barça". La Voz de Galicia (en castelán). 26 de setembro de 2021. Consultado o 29 de setembro de 2021. 
  14. "Luis de la Fuente premia o bo inicio de tempada de Nico González convocándoo para xogar coa sub-21". La Voz de Galicia (en castelán). 30 de setembro de 2021. Consultado o 1 de outubro de 2021. 
  15. Sans, Gabriel (12 de decembro de 2021). "Nico se estrena como goleador ante Osasuna como Ansu e Ilaix". Mundo Deportivo. Consultado o 14 de decembro de 2021. 
  16. "Oficial: Nico, renovado hasta 2026 y cedido un año al Valencia". Mundo Deportivo (en castelán). 13 de agosto de 2022. Consultado o 23 de setembro de 2022. 
  17. Teruel, Javi (1 de xaneiro de 2023). "Nico González pasará por el quirófano". As (en castelán). Consultado o 1 de novembro de 2023. 
  18. Sanchís, Nacho (13 de marzo de 2023). "Nico González deslumbra en su regreso: "Del once titular ya no te saca nadie"" (en castelán). Consultado o 1 de novembro de 2023. 
  19. "Nico González se 'desinfla' en el Oporto en la previa de la visita del Barça" (en castelán). 30 de setembro de 2023. Consultado o 1 de novembro de 2023. 
  20. "Nico debuta con victoria en el Oporto". Sport (en castelán). 15 de agosto de 2023. Consultado o 1 de novembro de 2023. 
  21. 21,0 21,1 Gázquez, Marc (31 de xaneiro de 2025). "Alucinan con Nico González". Sport (en castelán). Consultado o 4 de febreiro de 2025. 
  22. "FC Porto fechou um ciclo com uma taça" (en portugués). 26 de maio de 2024. Consultado o 4 de febreiro de 2025. 
  23. "Nico González arranca la temporada 'como un tiro' en el Oporto: "Tengo que mejorar mi celebración..."". Marca (en castelán). 4 de agosto de 2024. Consultado o 5 de febreiro de 2025. 
  24. "Nico González sale al rescate del Porto". Mundo Deportivo (en castelán). 30 de xaneiro de 2025. Consultado o 5 de febreiro de 2025. 
  25. 25,0 25,1 García, Rubén (5 de febreiro de 2025). "Nico González alcanza el cielo". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 5 de febreiro de 2025. 
  26. "Arsenal thrashes Manchester City to pile even more pressure on Pep Guardiola". CNN (en inglés). 3 de febreiro de 2025. Consultado o 5 de febreiro de 2025. 
  27. "Dramático debut de Nico González con el Manchester City en la FA Cup a tres días de recibir al Real Madrid: ¡pérdida de balón, golazo del Leyton Orient y lesión!" (en castelán). 8 de febreiro de 2025. Consultado o 20 de febreiro de 2025. 
  28. Rubio, Alberto (18 de febreiro de 2025). "Nico González hace dudar a Guardiola: "Es un 'miniRodri"". Marca (en castelán). Consultado o 20 de febreiro de 2025. 
  29. Delgado, Jordi (20 de febreiro de 2025). "Estreno 'descafeinado' de Nico". Sport (en castelán). Consultado o 20 de febreiro de 2025. 
  30. "Nico debuta con la Rojita y contribuye a una frenética remontada". Sport (en castelán). 8 de outubro de 2021. Consultado o 8 de outubro de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]