Este artigo amosa letras árabes. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
Arraba[1] (en árabe: عرّابة, ʻArrābah) é unha cidade de Palestina, situada ao norte de Cisxordania, localizada a 13 quilómetros ao sueste de Jenin. Atópase a 350 metros sobre o nivel do mar e relativamente preto de Sahl Arrabah, unha chaira que se atopa entre o Monte Carmelo e Nablus. Segundo un censo da Oficina Central de Estatísticas de Palestina (PCBS), Arraba ten unha poboación de 9.920, datos do 2007.[2]
No censo palestino de 1922, levado a cabo polas autoridades británicas, Arraba tiña 2.196 habitantes, todos musulmáns.[3] No censo de 1931 incrementou a súa poboación a 2.500 musulmáns con 554 casas.[4] En 1945 a poboación era de 3.810 árabes, con 39.901 dunams de terra, segundo un oficial e a poboación local.[5] 5 dunams utilizáronse para cítricos e plátanos, 3.568 dunams para plantacións e regadios, 23.357 dunams para cereais,[6] mentres que se utilizaron 315 dunams para construcións urbanas.[7]
↑Government of Palestine, Department of Statistics. Village Statistics, April, 1945. Quoted in S. Hadawi, Village Statistics, 1945. PLO Research Center, 1970, p. 54Arquivado 29 de febreiro de 2012 en Wayback Machine.
↑Government of Palestine, Department of Statistics. Village Statistics, April, 1945. Quoted in S. Hadawi, Village Statistics, 1945. PLO Research Center, 1970, p. 98Arquivado 04 de xaneiro de 2014 en Wayback Machine.
↑Government of Palestine, Department of Statistics. Village Statistics, April, 1945. Quoted in S. Hadawi, Village Statistics, 1945. PLO Research Center, 1970, p. 148Arquivado 04 de xaneiro de 2014 en Wayback Machine.
*Dende xuño de 2007, a Franxa de Gaza está de facto baixo ogoberno de Hamas ** Controlada por Israel desde 1967, considerándoa parte integral deXerusalén