Números de teléfono en España
![]() | Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Os números de teléfono en España están distribuídos atendendo a criterios xeográficos. O plan de numeración é pechado dende o ano 1998. Anteriormente podíase chamar a un número da mesma provincia sen ter que marcar o prefixo desta e só era necesario facelo para chamar a outras, a móbiles, a números internacionais e outros servizos. A Comisión Nacional do Mercado e a Competencia é o organismo encargado de regular o plan de numeración.
Numeración telefónica[editar | editar a fonte]
Liñas fixas[editar | editar a fonte]
Os números fixos teñen nove díxitos, sendo os dous ou tres primeiros o código da área e os demais o número de abonado. O código da área empeza por 9 e, nas provincias con maior demanda de números, tamén con 8. O formato é:
- 9YX XXX XXX onde Y pode ser calquera número agás 0, empregado para a numeración especial e 4, para servizos de radiobusca e X pode ser calquera número.
- 8YX XXX XXX onde Y pode ser 2, 4, 5, 6, 7 ou 8 e X pode ser calquera número.
Prefixo 9YX | Prefixo 8YX | Provincia |
---|---|---|
91 | Madrid (ata 1993 o 911 compartíanno Guadalaxara e Segovia e o 918 era de Ávila) | |
920 | Ávila | |
921 | Segovia | |
922 | 822 | Santa Cruz de Tenerife |
923 | Salamanca | |
924 | 824 | Badaxoz |
925 | Toledo | |
926 | Cidade Real | |
927 | Cáceres | |
928 | 828 | As Palmas |
93 | Barcelona | |
941 | A Rioxa | |
942 | Cantabria | |
943 | 843 | Guipúscoa |
944 | Biscaia | |
945 | Áraba | |
946 | Biscaia | |
947 | Burgos | |
948 | 848 | Navarra |
949 | Guadalaxara | |
950 | Almería | |
951 | Málaga | |
952 | Málaga e Melilla | |
953 | Xaén | |
954 | Sevilla | |
955 | Sevilla | |
956 | 856 | Cádiz e Ceuta |
957 | Córdoba | |
958 | 858 | Granada |
959 | Huelva | |
960 | Valencia (norte da provincia) | |
961 | Valencia (centro da provincia) | |
962 | Valencia (sur da provincia) | |
963 | Valencia (capital e área metropolitana) | |
964 | Castelló | |
965 | Alacant | |
966 | Alacant | |
967 | Albacete | |
968 | 868 | Murcia |
969 | Cuenca | |
971 | 871 | Illas Baleares |
972 | 872 | Xirona |
973 | 873 | Lleida |
974 | Huesca | |
975 | Soria | |
976 | 876 | Zaragoza |
977 | 877 | Tarragona |
978 | Teruel | |
979 | Palencia | |
980 | Zamora | |
981 | 881 | A Coruña |
982 | Lugo | |
983 | Valladolid | |
984 | Asturias | |
985 | Asturias | |
986 | 886 | Pontevedra |
987 | León | |
988 | Ourense |
Liñas móbiles[editar | editar a fonte]
A numeración móbil ten nove díxitos. O primeiro díxito é 6 ou 7. O bloque comezado por sete é de recente creación ante a falta de números libres no bloque 6. Cada un dos bloques ten un formato:
- 6XX XXX XXX onde X pode ser calquera número.
- 7YX XXX XXX onde Y pode ser 1, 2, 3 ou 4 e X calquera.
Liñas nómade[editar | editar a fonte]
A numeración nómade é un servizo de numeración virtual que permite redirixir as chamadas e mensaxes a distintos destinos. Ten asignados dous bloques de numeración:
- 51Y XXX XXX onde Y pode ser calquera número agás o 0 e X pode ser calquera número.
- 8YX XXX XXX onde Y pode ser 1 ou 8 e X pode ser calquera díxito. Nota: o acceso a este bloque está limitado ó distrito.
Liñas persoais[editar | editar a fonte]
A numeración persoal ten nove díxitos e comeza por 70.
- 70X XXX XXX onde X pode ser calquera número.
Radio busca[editar | editar a fonte]
A numeración do servizo de radio busca ten nove díxitos e comeza por 940.
- 940 XXX XXX onde X pode ser calquera número.
Outros números[editar | editar a fonte]
Numeración especial[editar | editar a fonte]
A numeración especial comeza por 80 e 90 (agás 908 e 909) e ten nove díxitos de lonxitude.
- 800 e 900 son os prefixos de cobro automático en destino. A chamada sempre é gratis para que a realiza.
- 901 é o prefixo de custo compartido. O prezo repártese entre ambos conferenciantes.
- 902 é o prefixo de pago por parte de quen realiza a chamada e sen retribución ó chamado.
- 803 é o prefixo de custo adicional reservado para adultos.
- 905 é o prefixo destinado a servizos de chamadas masivas coma tele voto.
- 806 é o prefixo de custo adicional reservado a servizos de ocio e entretemento.
- 807 é o prefixo de custo adicional reservado a servizos profesionais.
- 907 é o prefixo de custo adicional reservado a sistemas de datos.
Acceso a Internet[editar | editar a fonte]
A numeración de acceso a Internet ten dous prefixos, 908 e 909, e é de nove díxitos de lonxitude.
- 908 cando a facturación realízaa o mesmo operador de acceso.
- 909 cando a facturación realízaa outro operador distinto do de acceso.
Números curtos[editar | editar a fonte]
A numeración curta comeza por 0 ou 1 e ten entre tres e seis díxitos:
- 112, o teléfono de emerxencias.
- 0XX para servizos de interese do cidadán:
- 010 para información cidadá.
- 011 para tráfico.
- 012 para información da comunidade autónoma.
- 016 para asesoramento a mulleres vítimas da violencia de xénero.
- 060 para comunicación provincial.
- 061 para ambulancias.
- 062 para a Garda Civil.
- 065 para atención á dependencia.
- 080 para bombeiros.
- 085 para incendios forestais.
- 091 para a policía nacional.
- 092 para a policía local.
- 093 para información horaria.
- 095 para o servizo informativo de RNE.
- 096 para o servizo de espertador.
- 097 para o servizo de información deportiva de RNE.
- 098 para información diversa.
- YXX, onde Y pode ser calquera número agás o 0 e X pode ser calquera número, para servizos de información dos teleoperadores:
- 123 para Vodafone.
- 470 para Orange.
- 1XYX, onde X pode ser calquera número e Y pode ser calquera número agás o 2, 6 ou o 8 se o primeiro X é 1, para servizos de información dos teleoperadores:
- 1002 para avarías en Movistar.
- 1004 para Movistar.
- 1414 para Orange.
- 1434 para British Telecom.
- 1443 para Vodafone a empresas.
- 1444 para Vodafone a particulares.
- 1445 para R (teléfono xeral).
- 1446 para R a empresas.
- 1449 para R a particulares.
- 1565 para Jazztel a particulares.
- 1566 para Jazztel a empresas.
- 116 XXX, onde X pode ser calquera número, para servizos de interese social:
- 116 000 para nenos desaparecidos.
- 116 111 para axuda á infancia.
- 118XX, onde X pode ser calquera número, para servizos de información telefónica con custo adicional.
Números para mensaxes de texto e multimedia[editar | editar a fonte]
A estrutura da numeración para servizos baseados en comunicación por mensaxes é:
- 205 XXX e 207 XXX para servizos gratuítos.
- 215 XXX e 217 XXX para servizos ó prezo dunha mensaxe normal.
- 25 XXX e 27 XXX para servizos de custo adicional con prezos de ata 1,2 €.
- 280 XX para campañas solidarias cun custo adicional de ata 1,2 €. O custo total dos mensaxes enviados con este prefixo destínase integramente á campaña.
- 35 XXX e 37 XXX para servizos de custo adicional con prezos entre 1,2 € e 6 €.
- 795 XXX 797 XXX para servizos de subscrición con prezos de ata 1,2 €.
- 995 XXX e 997 XXX para servizos de custo adicional para adultos con prezos de ata 6 €.
Números entre máquinas[editar | editar a fonte]
A numeración entre máquinas, ou M2M, emprega números de 13 díxitos. Un exemplo de uso destes números son os contadores de auga, gas ou electricidade que envían á compañía a lectura. Os números son:
- 590 ABM XXX XXXX onde ABM indican a compañía a que pertence o número e X pode ser calquera díxito.