Joe Hisaishi
(2011) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (ja) 藤澤 守 6 de decembro de 1950 Nakano (Xapón) |
| Outros nomes | Joe Hisaishi 久石譲 |
| Educación | Conservatorio de Música Kunitachi Suzaka High School (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | compositor, arranxador musical, director musical, compositor de bandas sonoras, tipógrafo, cantante, director de orquestra, profesor universitario, pianista, director de cinema |
| Período de actividade | 1974 |
| Empregador | Conservatorio de Música Kunitachi |
| Xénero artístico | Música minimalista, música cinematográfica e música clásica |
| Influencias | |
| Instrumento | Piano e voz |
| Selo discográfico | Universal Music Japan (pt) Deutsche Grammophon |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Familia | |
| Fillos | Mai Fujisawa |
| Premios | |
| Descrito pola fonte | Obálky knih, |
| Sitio web | joehisaishi.com |
Mamoru Fujisawa (藤澤 守 Fujisawa Mamoru?), nado en Nakano (Nagano) o 6 de decembro de 1950, é un compositor e director de música xaponés coñecido profesionalmente como Joe Hisaishi (久石 譲 Hisaishi Jō?). Ó longo da súa carreira compuxo máis de 100 bandas sonoras e varios álbums en solitario dende 1981.[1]
Caracterizada polo seu distintivo son, a música de Hisaishi é coñecida por explorar e incorporar diferentes xéneros, como o minimalismo, a música electrónica, a clásica e tradicional xaponesa.
É coñecido polo seu traballo xunto co director de cine Hayao Miyazaki, sendo o compositor da banda sonora de moitos dos seus filmes, como Kaze no Tani no Naushika (1984), Tenkū no Shiro Rapyuta (1986), O meu veciño Totoro (1988), Majo no takkyūbin (1989), Kurenai no Buta (1992), Mononoke Hime (1997), A viaxe de Chihiro (2001), Hauru no Ugoku Shiro (2004), Ponyo no cantil (2008) e O vento levántase (2013).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Joe Hisaishi film score concerts – People's Daily Online. English.peopledaily.com.cn (July 23, 2013). Consultado o 12 de maio de 2014
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial Arquivado 07 de febreiro de 2011 en Wayback Machine. (en xaponés) e (en inglés)
- Joe Hisaishi na IMDb (en inglés).