O meu veciño Totoro
| O meu veciño Totoro | |||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||||||||||
O meu veciño Totoro[1] (となりのトトロ Tonari no Totoro?) é un filme xaponés de animación de 1988 dirixido e escrito por Hayao Miyazaki. Foi animado polo Studio Ghibli para Tokuma Shoten. O filme, que conta coas voces orixinais en xaponés de Noriko Hidaka, Chika Sakamoto e Hitoshi Takagi, conta a historia das fillas pequenas dun profesor (Satsuki e Mei) e as súas interaccións con amigables espíritos do bosque no Xapón rural da posguerra.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Nos anos 50, unha familia xaponesa trasládase a vivir no campo. As dúas fillas, Satsuki e Mei, topan cun espírito do bosque: Totoro, co que fan amizade. O pai das nenas é un profesor universitario que aviva a imaxinación das súas fillas con fábulas e historias máxicas sobre trasnos, pantasmas e espíritos protectores dos fogares, mentres a nai se atopa enferma no hospital. Un día, Satsuki recibe un telegrama.
Personaxes
[editar | editar a fonte]| Personaxe | Actor de dobraxe |
|---|---|
| Satsuki Kusakabe 草壁 サツキ | Noriko Hidaka |
| Mei Kusakabe 草壁 メイ | Chika Sakamoto |
| Tatsuo Kusakabe 草壁 タツオ (pai) | Shigesato Itoi |
| Yasuko Kusakabe 草壁 靖子 (nai) | Sumi Shimamoto |
| Totoro トトロ | Hitoshi Takagi |
| Gatobus ネコバス | Naoko Tatsuka |
| Avoa | Tanie Kitabayashi |
| Kanta Okagi 大垣 勘太 | Toshiyuki Amagasa |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ numax.org (ed.). "O meu veciño Totoro en NUMAX". Consultado o 5 de maio de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: O meu veciño Totoro |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Joe Hisaishi's Soundtrack for My Neighbor Totoro, libro de Kunio Hara, 33-1/3 Japan Series, Bloomsbury, ISBN 9781501345128 (en inglés)
