Kaze no Tani no Naushika
| Kaze no Tani no Naushika | |||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Joe Hisaishi | |||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||||||||||||||
Kaze no tani no Naushika (風の谷のナウシカ?) é un filme de animación xaponés dirixido e escrito por Hayao Miyazaki que se estreou en 1984. Baséase no manga homónimo. Está protagonizado polas voces de Sumi Shimamoto, Gorō Naya, Yōji Matsuda, Yoshiko Sakakibara e Iemasa Kayumi.[1]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Nun futuro afastado, mil anos despois dunha guerra de carácter apocalíptico, a Terra aparece cuberta de bosques inzados de fungos velenosos e de insectos xigantescos. Os homes foron case exterminados; os superviventes viven nalgúns poboados illados e sobreviven a duras penas a carón dun bosque contaminado con gases tóxicos. Nausicaä é a princesa do Val do Vento, un reino minúsculo, rodeado de reinos máis poderosos e hostís. É unha guerreira que sabe pilotar naves, pero é tamén compasiva, tanto que se resiste a ver ós insectos como inimigos, sobre todo ós Ohms, artrópodos xigantescos e temibles polos que sente unha estraña simpatía. A crise estoura cando o reino veciño de Tolmekia, encabezado pola princesa Kushana, invade O Val do Vento e intenta emular a un cruel "Deus da guerra".
Personaxes
[editar | editar a fonte]| Characters | Voz xaponesa |
|---|---|
| Nausicaä | Sumi Shimamoto |
| Asbel | Yōji Matsuda |
| Kushana | Yoshiko Sakakibara |
| Mestre Yupa | Goro Naya |
| Obaba | Hisako Kyōda |
| Kurotowa | Iemasa Kayumi |
| Rei Jihl | Mahito Tsujimura |
| Mito | Ichirō Nagai |
| Gol | Kōhei Miyauchi |
| Gikuri | Jōji Yanami |
| Lastelle | Miina Tominaga |
| Maior de Pejite | Makoto Terada |
| Nai de Lastelle | Akiko Tsuboi |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Kaze No Tani No Naushika". bcdb.com, 13 de maio de 2012
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en AllMovie (en inglés)