Monica Vitti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMonica Vitti

(1990) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(it) Maria Luisa Ceciarelli Editar o valor em Wikidata
3 de novembro de 1931 Editar o valor em Wikidata
Roma, Italia Editar o valor em Wikidata
Morte2 de febreiro de 2022 Editar o valor em Wikidata (90 anos)
Roma, Italia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Alzhéimer Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaCampo di Verano (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeItalia (1946–)
Reino de Italia (–1946) Editar o valor em Wikidata
EducaciónAcademia Nacional de Artes Dramáticas Silvio D'Amico (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónhumorista , actriz de teatro , actriz de cinema , directora de cinema , guionista , actriz Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1954 Editar o valor em Wikidata - 1994 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeRoberto Russo (1995–2022)
ParellaCarlo Di Palma (1964–década de 1970)
Michelangelo Antonioni Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0900143 Allocine: 2132 Rottentomatoes: celebrity/monica_vitti Allmovie: p73738 TCM: 199339 Metacritic: person/monica-vitti TV.com: people/monica-vitti
Discogs: 1827884 Find a Grave: 236423710 Editar o valor em Wikidata

Monica Vitti, nada como Maria Luisa Ceciarelli en Roma o 3 de novembro de 1931 e finada na mesma cidade o 2 de febreiro de 2022,[1] foi unha actriz italiana.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu na capital italiana de pai romano e nai boloñesa[2], e por mor do traballo de seu pai, inspector do Instituto Nacional para o Comercio Exterior, viviu en Messina durante oito anos[2]. Con catorce anos debutou[3] no teatro nunha escena de La Nemica de Niccodemi no papel dunha muller de 40 anos que perde un fillo na guerra. En 1953 diplomouse na Academia Nacional de Arte Dramática que dirixía Silvio D'Amico e logo dedicouse durante un tempo ao teatro. Por consello do seu mestre Sergio Tofano adoptou un novo nome, que consideraba máis artístico, baseado no apelido da súa nai, Vittiglia, á que estaba moi ligada[4] ao que lle asociou o nome "Monica". En 1956 debutou con Ofelia en Amleto de Riccardo Bacchelli no Teatro Olimpico de Vicenza e en Bella de Cesare Meano en Milán con dirección de Enzo Ferrieri.

A súa primeira participación no cinema foi en 1954, nun papel non acreditado no filme de Edoardo Anton Ridere Ridere Ridere (1954). Seguírona outras aparacións en Adriana Lecouvreur (1955), a serie de televisión L'alfiere (1956) e os telefilmes Questi ragazzi (1956) e Il tunnel (1958). Actuou nun episodio de Mont-Oriol (1958) e dobrou a voz de Rosanna Rory en I soliti ignoti (1958). A súa primeira interpretación fílmica importante foi en 1958 en Le dritte de Mario Amendola con Franco Fabrizi.

Vitti con Mastroianni como xurados de Miss Italia en 1960

En 1957 durante a posprodución de Il grido, no que traballaba como dobradora de Dorian Gray, coñeceu ao seu director Michelangelo Antonioni e uniuse ao grupo teatral que estaba organizando con actores novos, como Giancarlo Sbragia ou Virna Lisi, e participou na posta en escena no Teatro Eliseo de Milán da comedia escrita por Antonioni e Elio Bartolini Scandali segreti. A colaboración de Vitti e Antonioni continuou no cinema e Vitti encarnou a atormentada Claudia, un dos personaxes principais de L'Avventura, un éxito internacional que Antonioni dirixiu en 1960, e que converteu a Vitti nunha estrela internacional. O filme derivou nunha tetraloxía na que Vitti interpretou a tentadora Valentina en A noite (1961), a misteriosa e insatisfeita Vittoria en L'eclisse (1962) e a neurótica Giuliana en O deserto vermello (1964).

Monica Vitti en 1970

En 1965 actuou por primeira volta nun filme rodado en inglés, Modesty Blaise de Joseph Losey, unha comedia de espionaxe que protagonizou con Terence Stamp e Dirk Bogarde, e que tivo a súa estrea o ano seguinte con moderado éxito e con críticas adversas. Apareceu na película antolóxica La fate (1966), protagonizou Fai in fretta ad uccidermi... ho freddo! (1967) con Jean Sorel e Ti ho sposato per allegria (1967). Tamén en 1967 protagonizou La cintura di castità (1967) con Tony Curtis, La ragazza con la pistola (1968) con Stanley Baker, La femme écarlate (1969) con Maurice Ronet e Amor meu, axúdame (1969) con Alberto Sordi. Todos estes filmes mudaron a imaxe de Vitti, e ao longo da década de 1970 protagonizou numerosos filmes da denominada Commedia all'italiana. Desta época salientan as películas Dramma della gelosia - Tutti i particolari in cronaca (1970) de Ettore Scola, Ninì Tirabusciò, la donna che inventò la mossa (1970), Le coppie (1970) con Sordi, Noi donne siamo fatte così (1971) Gli ordini sono ordini (1972), La Tosca (1973) de Luigi Magni, Riz la ladra (1973) e con Polvere di stelle (1973) de Alberto Sordi gañou o David di Donatello á mellor actriz.

Vitti nunha escena de L'anatra all'arancia (1975)

Con Luis Buñuel protagonizou un dos episodios de A pantasma da liberdade (1974). En 1975 estreou dous filmes con Claudia Cardinale, A mezzanotte va la ronda del piacere (1975) e Qui comincia l'avventura (1975). Gañou o seu cuarto Donatello con L'anatra all'arancia (1975), e entre outros filmes da segunda metado dos 70 protagonizou Mimì Bluette... fiore del mio giardino (1976), Basta che non si sappia in giro!.. (1977), L'altra metà del cielo (1977), o filme francés de André Cayatte La raison d'État (1978), Il cilindro (1978), Per vivere meglio, divertitevi con noi (1978), Amori miei (1978) e Letti selvaggi (1979) (con Ursula Andress). O seu segundo filme en inglés foi An Almost Perfect Affair (1979) de Michael Ritchie que contaba tamén con Keith Carradine.

Na década de 1980 continuou a traballar no cinema, volveu colaborar con Antonioni en Il mistero di Oberwald, 1980, protagonizou Non ti conosco più amore (1980) de Sergio Corbucci, Camera d'albergo (1981) de Mario Monicelli, Il tango della gelosia (1981) de Steno, Io so che tu sai che io so (1982) de Alberto Sordi, Flirt (1983) de Roberto Russo Flirt, polo que recibiu un Oso de Ouro no Festival Internacional de Cinema de Berlín de 1984, e de novo con Russo protagonizou Francesca è mia 1986. A finais da década tamén fixo teatro, en 1987 actuou en La strana coppia de Neil Simon e en 1988 en Prima pagina de Ben Hecht e Charles MacArthur. Ao final da década dirixiu o filme Scandalo segreto que tamén protagonizou con Elliott Gould, que se estreou en 1990 con pouco éxito. O seu último traballo foi na miniserie para a televisión Ma tu mi vuoi bene? (1992) no que interpretou o papel dunha asistente social. Na tempada 1993/94 participou no programa da Rai 1 Domenica in. Por mor da súa mala saúde retirouse definitivamente á vida privada[5][6][7], e apareceu en público por última vez en marzo de 2002 na estrea da versión teatral italiana de Notre-Dame de Paris.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "È morta Monica Vitti, talento smisurato del cinema italiano". La Repubblica (en italiano). 2 de febreiro de 2022. 
  2. 2,0 2,1 Gianfranco Gramola, L'attrice che seduce con allegria intervisteromane.net, 24 de abril de 1998]
  3. Lisanti, Tom; Paul, Louis. Film Fatales: Women in Espionage Films and Television, 1962-1973. McFarland. p. 298. 
  4. "Il silenzio di Monica Vitti, cristallizzato nei ricordi che svaniscono" Arquivado 28 de febreiro de 2014 en Wayback Machine..Tiscali Spettacoli, 24 de novembro de 2011
  5. Sara Faillaci, "Quanto ci manca Monica Vitti", Vanity Fair, 25 de outubro de 2011
  6. Andrea Scanzi, "Polvere di una stella malata - Il tributo a Monica Vitti" Il Fatto Quotidiano, 4 de novembro de 2011
  7. "“Monica Vitti non è ricoverata”: lo sfogo del marito Roberto Russo". Il Fatto Quotidiano. 17 de xaneiro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Antonioni, Michelangelo (1963). Michelangelo Antonioni: an introduction. Nova York: Simon and Schuster
  • Arrowsmith, William & Perry, Ted, eds. (1995). Antonioni: the poet of images. Nova York: Oxford University Press
  • Borsatti, Cristina (2005). Monica Vitti. Palermo: L'epos
  • Brunette, Peter (1998). The Films of Michelangelo Antonioni. Nova York: Cambridge University Press
  • Chatman, Seymour (1985). Antonioni, or the Surface of the World. Berkeley: University of California Press
  • Delli Colli, Laura (1987). Monica Vitti. Roma: Gremese Editore