Virna Lisi
Virna Lisi | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Lisi no 2011 | |||||||||||||||
Nome completo | Virna Pieralisi | ||||||||||||||
Nacemento | 8 de novembro de 1936 | ||||||||||||||
Lugar | Ancona, Italia | ||||||||||||||
Falecemento | 18 de decembro de 2014 (78 anos) | ||||||||||||||
Lugar | Roma, Italia | ||||||||||||||
Causa | cancro de pulmón | ||||||||||||||
Soterrado | Cemitério Flaminio | ||||||||||||||
Nacionalidade | ![]() | ||||||||||||||
Cónxuxe(s) | Franco Pesci (1960–2013) | ||||||||||||||
Fillos | Corado Pesci | ||||||||||||||
Profesión | Actriz | ||||||||||||||
| |||||||||||||||
Na rede | |||||||||||||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||||||||||||||
[ editar datos en Wikidata ] | |||||||||||||||
Virna Pieralisi, nada en Ancona o 8 de novembro de 1936 e finada en Roma o 18 de decembro de 2014 foi unha actriz italiana, coñecida como Virna Lisi.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Virna Lisi comezou a súa carreira cinematográfica na adolescencia. Foi descuberta en París por dous produtores napolitanos, Antonio Ferrigno e Ettore Pesce, e debutou en La corda d'acciaio (1953). Inicialmente fixo musicais como E Napoli canta (1953) e o grande éxito Questa è la vita (1954, co popular Totò). Porén, a súa beleza era máis valorada có seu talento.
A finais da década de 1950 actuou no teatro e durante a década seguinte participou en comedias e en dramas para a televisión. Apareceu tamén nun anuncio de pasta dentífrica en televisión cun slogan que se convertería nunha frase feita entre os italianos: "con quella bocca può dire ciò che vuole" (con esta boca, ela pode dicir o que queira).[1]
Escollida como unha nova Marilyn Monroe, Lisi debutou en Hollywood na comedia con Jack Lemmon How to Murder Your Wife (1965). Foi moi popular pola foto na que “afeitaba” a súa cara na portada de marzo de 1965 da revista Esquire.
Para superar os papeis de sedutora, Lisi buscou outro tipo de personaxes, participando en filmes como Casanova 70 e Le bambole (1965).
A principios da década de 1970 abandonou a interpretación temporalmente para ocuparse do seu home Franco Pesci e do seu fillo Corrado. Porén, o rexurdimento da súa carreira chegou axiña, cunha longa lista de producións, coma Máis aló do ben e do mal (1977), Ernesto (1979) e La cicala (1980). Polo filme A raíña Margot (1994) gañou un premio César e o premio do Festival de Cannes.[2]
Faleceu vítima do cancro en 2014.[3]
Filmografía[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Virna Lisi" (en Italian). Rai Uno. Arquivado dende o orixinal o 05 de xullo de 2013. Consultado o 22 de decembro de 2014.
- ↑ "Festival de Cannes: Queen Margot". festival-cannes.com. Consultado o 27 de agosto de 2009.
- ↑ Vivarelli, Nick (18 de decembro de 2014). "Italian Actress Virna Lisi Dies At 78". Variety.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Virna Lisi na IMDb (en inglés).