Mohammed Rafi
Mohammed Rafi | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 24 de decembro de 1924 |
Lugar de nacemento | Kotla Sultan Singh |
Falecemento | 31 de xullo de 1980 |
Lugar de falecemento | Bombai |
Causa | infarto agudo de miocardio |
Nacionalidade | Raj Británico, India e Domínio da Índia |
Relixión | Sunnismo |
Ocupación | cantante, músico, compositor, actor de cinema e playback singer |
Premios | Padma Shri in arts, National Film Award for Best Male Playback Singer, Filmfare Award for Best Male Playback Singer, Filmfare Award for Best Male Playback Singer, Filmfare Award for Best Male Playback Singer, Filmfare Award for Best Male Playback Singer, Filmfare Award for Best Male Playback Singer, Filmfare Award for Best Male Playback Singer, Bengal Film Journalists' Association – Best Male Playback Award, Bengal Film Journalists' Association – Best Male Playback Award e Bengal Film Journalists' Association – Best Male Playback Award |
Na rede | |
http://www.mohdrafi.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Mohammed Rafi, nado en Kotla Sultan Singh o 24 de decembro de 1924 e finado en Mumbai o 31 de xullo de 1980, foi un cantante indio, un dos máis populares e con máis éxito no cinema hindi. Está considerado un dos máis influentes cantantes do subcontinente indio.[1][2][3]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Rafi destacou pola súa voz, versatilidade e rango; as súas cancións variaban entre os números rápidos e animados e as cancións patrióticas, os números tristes e as cancións románticas, dos qawwalis aos ghazals e dos bhajans ás cancións clásicas indias.[4][5] Foi coñecido pola súa habilidade para moldear a súa voz á personaxe e estilo dun actor, sincronizando a canción coa escena do filme.[6] Recibiu seis Filmfare Awards e un National Film Award ao mellor cantante de dobraxe. En 1967 recibiu o premio Padma Shri do Goberno da India.[7]
Gravou cancións para máis de mil filmes hindi e cantou en varias linguas indias e estraxeiras, principalmente en hindi, urdú e punjabi. Gravou 7405 en múltiples linguas.[8] Ademais de linguas indias cantou en inglés, farsi, árabe, cingalés, crioulo e neerlandés.[9]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Scroll. "Readers’ comments: If BJP continues with divisive politics, it will be digging its grave for 2019". Scroll.in (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2018.
- ↑ To, As Told; To, As Told (25 de xullo de 2010). "Remembering Rafi". The Hindu (en inglés). ISSN 0971-751X. Consultado o 7 de abril de 2018.
- ↑ "Mohd Rafi: The Rough Guide to Bollywood Legends: Mohd Rafi". PopMatters (en inglés). 20 de xaneirod e 2005. Consultado o 1 de maio de 2018.
- ↑ "Forgetting the phenominal talent of Rafi" (en inglés). 20 de xullo de 2018. Consultado o 1 de agosto de 2018.
- ↑ "Learn harmonium". Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2018. Consultado o 16 de agosto de 2018.
- ↑ Students' Britannica India, Volumes 1–5. Encyclopædia Britannica (India). p. 238. ISBN 0-85229-760-2. Consultado o 18 de setembro de 2011.
- ↑ "Padma Shri Awardees". india.gov.in. Consultado o 22 de decembro de 2010.
- ↑ "Facts you should know about Mohammed Raf". Consultado o 2 de setembro de 2016.
- ↑ "35 Things About Rafi". Onmanorama. Consultado o 22 de decembro de 2015.