Mohamed Salah

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mohamed Salah
Mohamed Salah 2017.jpg
Información persoal
Nome completo Mohamed Salah Ghaly
Nacemento 15 de xuño de 1992 (26 anos)
Lugar Nagrid, Exipto
Altura 1,75 m
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Liverpool
Número 11
Carreira xuvenil
2004–2005 Ittihad Basyoun
2005–2006 Othmason Tanta
2006–2010 El Mokawloon SC
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2010–2012 El Mokawloon 38 (11)
2012–2014 Basel 47 (9)
2014–2016 Chelsea 13 (2)
2015Fiorentina (cedido) 16 (6)
2015–2016Roma (cedido) 34 (14)
2016–2017 Chelsea 31 (15)
2017– Liverpool 36 (32)
Selección nacional
2010–2011 Exipto sub-20 11 (3)
2011–2012 Exipto sub-23 11 (4)
2011– Exipto 57 (33)

* Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 13 de maio de 2018.
† Aparicións (Goles)

‡ Actualizado a 23 de marzo de 2018.

Mohamed Salah Ghaly (en árabe: محمد صلاح‎), nado en Basyoun, Gharbia o 15 de xuño de 1992, é un futbolista exipcio, que xoga como dianteiro no Liverpool F.C. da Premier League de Inglaterra e na selección de Exipto.

Comezou a súa carreira en Al-Mokawloon Al-Arab. Logo trasladouse ó FC Basel en 2012 e posteriormente xogou para Chelsea, Fiorentina (en préstamo) e Roma antes de ser transferido ó Liverpool en 2017. Ademais de representar ó equipo nacional exipcio dende 2011, gañou unha Medalla de bronce na Copa Africana de Nacións Sub-20. Tamén participou na Copa Mundial Sub-20 da FIFA 2011, nos Xogos Olímpicos de 2012 e a Copa Africana 2017, onde Exipto foi subcampión e se clasificou no Mundial de Fútbol Rusia 2018. Salah converteuse no máximo goleador da Clasificación mundial da FIFA na CAF. Gañou a Super Liga suíza na súa primeira tempada co Basilea e a Premier League 2014-15, a Football League Cup 2014-15 co Chelsea. Foi galardoado pola CAF como o talento africano máis prometedor do ano en 2012. En 2013, foi galardoado co premio SAFP Golden Player por ser o mellor xogador da Super Liga Suíza. En 2017, foi nomado Futbolista africano do ano e Futbolista Africano da BBC do ano. Tamén foi galardoado dúas veces como o xogador do mes da Premier League, en novembro de 2017 e en febreiro de 2018.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezos e primeiros anos[editar | editar a fonte]

Salah formouse no Mokawloon Al-Arab e no Arab Contractors. Ademais de representar ó equipo nacional do seu país a unha idade temperá, tamén participou na Copa Mundial Sub-20 da FIFA e nos Xogos Olímpicos de Londres de 2012.

En agosto de 2012, o Basel fíxose cos seus servizos.[1] Salah gañou a Super Liga suíza na súa primeira tempada, sendo galardoado co premio ó Futbolista africano do ano.

Chelsea[editar | editar a fonte]

Tempada 2013/14[editar | editar a fonte]

O seu bo rendemento en Suíza permitiulle fichar polo Chelsea en xaneiro de 2014,[2] curiosamente o equipo ó que lle marcara dous goles na Liga de Campións da UEFA 2013-14. O 8 de febreiro de 2014 entra en troques de William no minuto 78 debutando no fútbol inglés ante Newcastle. Marca o seu primeiro gol o 26 de marzo na vitoria por 6 a 0 fronte ó Arsenal e o seu segundo o 5 de abril ante Stoke City no triunfo por 3-0. Remata a tempada con 800 minutos xogados e só xogou un partido completo e 7 de titular. O equipo non gaña títulos e queda terceiro na Premier League.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Salah zaubert Basel gegen Lausanne zum Sieg". Blick (en alemán). 18 de agosto de 2012. 
  2. "El Chelsea ficha a Mohamed Salah". Marca. 23 de xaneiro de 2014.