Modernismo valenciano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Santuario de Santa María Magdalena, en Novelda (Alacant).
Estació del Nord, en Valencia.
Mercado Central de Valencia.
Mercado Central de Alacant.
Mercado de Colom, en Valencia.
Edificio de Correos, en Valencia.

O modernismo valenciano (en catalán: modernisme valencià) é a denominación historiográfica dun estilo principalmente arquitectónico, aínda que tamén se desenvolveu noutras artes plásticas (pintura e escultura) e no deseño e as artes decorativas na Comunidade Valenciana.

Aínda que forma parte dunha corrente xeral que xorde en toda Europa (denominada en cada país como modernismo, art nouveau, Jugendstil, sezession, etc.), na Comunidade Valenciana adquire unha personalidade propia e diferenciada, influenciado en boa medida pola corrente modernista austríaca Sezession.[1][2]

Ten lugar en distintas cidades valencianas, dentro dun contexto dun gran desenvolvemento industrial, económico e urbano. Neste sentido, cómpre salientar o grande impacto que tivo a Exposición Rexional Valenciana de 1909 e que supuxo a divulgación da nova arquitectura do modernismo valenciano en todo o territorio valenciano. No caso de Novelda, Borriana, Carcaixent, Alzira ou Sueca o desenvolvemento da arquitectura modernista estará ligado á puxante exportación agrícola da uva, a laranxa ou o arroz. En Valencia altérnase a industria coa exportación da laranxa no porto de Valencia. O caso de Alcoi é netamente industrial, no que o modernismo estará moi ligado ao enorme desenvolvemento da industria alcoiana dende finais do século XIX.

Alcoi e Valencia, por número de obras, serán as principais cidades valencianas que máis profusamente desenvolvesen a arquitectura modernista. Novelda, Alacant, Castelló de la Plana, Borriana, Sueca ou Carcaixent, son outros focos onde se desenvolvesen importantes exemplos de arquitectura modernista.

Doutra banda, hai varias poboacións valencianas que forman parte da Ruta Europea do Modernismo,[3] asociación europea formada por institucións e gobernos locais cuxo fin é a protección e promoción internacional do patrimonio modernista. É o caso de Alcoi,[4] Novelda[5] e Sueca.[6]

Características[editar | editar a fonte]

As características comúns dentro do modernismo valenciano son:[7]

  • Temática baseada na natureza, as flores, a vexetación e os animais.
  • Preferencia polas formas curvas e a asimetría.
  • Utilización do estilo da arte xaponesa con uso de motivos exóticos.
  • Imaxes de actitudes románticas como mulleres.
  • Sensualidade e exaltación dos sentidos.
  • Transmisión de sentidos da vida cotiá (mocidade, etc).
  • Utilización do mosaico Nolla e da baldosa hidráulica con motivos vexetais e xeométricos modernistas no recubrimento de chans.
  • Simboloxía rexionalista (en Valencia cidade). A Senyera e o Rat Penat.
  • Forxa escultórica.

Arquitectura[editar | editar a fonte]

Da man de arquitectos, enxeñeiros e mestres de obras valencianos, a gran maioría deles formados en Barcelona ou Madrid e coetáneos ao modernismo catalán e ao modernismo madrileño, mais que exerceron boa parte da súa carreira na Comunidade Valenciana, o modernismo cobrará unha especial relevancia arquitectónica en distintas cidades valencianas.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]