Efrén o Sirio
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | c. 306 Nusaybin (Imperio Romano) |
| Morte | 9 de xuño de 373 Edesa (Imperio Romano) |
| Causa da morte | peste |
| Residencia | Şanlıurfa |
| Relixión | Church in Gabowe Grądy (en) |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Teoloxía, liturgical music (en) |
| Ocupación | Diácono |
| Período | Imperio Romano |
| Empregador | Escola de Nisibis (pt) |
| Profesores | Jacó de Nisibis (pt) |
| Enaltecemento | |
| Día de festividade relixiosa | 9 de xuño 28 de xaneiro 9 de xuño 18 de xuño 22 de xullo |
| Obra | |
Obras destacables | |
| Premios | |
| Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron De viris illustribus |

Efrén o Sirio nado no 306 en Nisibis (actual Turquía) e finado o 9 de xuño do 373 en Edesa, foi un poeta relixioso en idioma siríaco. É venerado polas diferentes Igrexas cristiáns de tradición apostólica.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Bautizado aos dezaoito anos, comezou sendo o xefe dunha comunidade cristiá na súa cidade natal, onde foi un conselleiro espiritual moi solicitado. Tras a invasión de Nisibis polos persas, instalouse en Edesa onde tamén foi considerado un mestre. Emprendeu unha viaxe para coñecer a Basilio o Grande.
Realizou moitos comentarios á Biblia e compuxo gran cantidade de himnos aínda vivos na liturxia da Igrexa Siríaca.
Durante a fame do ano 370, Efrén emprendeu accións de axuda aos esfameados e de atención aos doentes. Exhortou aos patricios a seren solidarios cos plebeos. Viviu coma un asceta nunha cova con dieta vexetariana e esfarrapado.
Significación
[editar | editar a fonte]É unha das referencias doutrinais e místicas das Igrexas cristiáns orientais, especialmente as que conservan a liturxia en arameo ou siríaco. Foi coñecido como Arpa do Espírito Santo. En Occidente, a Igrexa Católica tamén o venera como santo. En 1920, Bieito XV proclamouno doutor da Igrexa.