Hesicasmo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O hesicasmo é un estilo de vida de oración cristiá que se desenvolveu na tradición da Igrexa Ortodoxa baseada no acougo exterior e na busca do acougo e a iluminación interior.

Características[editar | editar a fonte]

Practica a oración continua acompasada ao ritmo da respiración e amoldada a determinadas posturas corporais, invocando continuamente o nome de Xexús (a oración de Xesús ou oración do corazón).

O hesicasta vaise purificando de rancores, envexas e desexos, baleirando de pensamentos dispersos e inútiles e abandonándose ata percibir en si as energeias divinas. Perseverar na lembranza de Xesús, fai que Xesús mesmo e o Espírito Santo vaian conformando o ser do orante. A meta é acadar a simplicidade, como simple é a unidade de toda a Trindade de xeito que agrome no interior a auga viva e o resplandor divinos: a theosis, a realización da divino-humanidade.

Gregorio Palamas foi o teólogo ortodoxo que elaborou un pensamento acabado en defensa desta práctica mediante consideracións teolóxicas e psicosomáticas.