Mikhail Bakhtin
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 5 de novembro de 1895 (Xuliano) Oriol |
| Morte | 7 de marzo de 1975 Moscova |
| Lugar de sepultura | Cemitério Vvedenskoye (pt) |
| Residencia | Rusia |
| Educación | Universidade Estatal de San Petersburgo |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Filosofía |
| Ocupación | filósofo, historiador da literatura, especialista en literatura, teórico da arte, crítico literario, lingüista, escritor, filólogo |
| Período | Filosofía contemporánea |
| Empregador | Ogarev National Research Mordovia State University (en) |
| Movemento | Filosofía occidental |
| Profesores | Aleksander Thomson |
| Influencias | Fiódor Dostoievski, Viacheslav Ivanov (pt) |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Бахтин Михаил Михайлович) Literatori Sankt-Peterburga. XX vek >>>:Бахтин Михаил Михайлович, Moskovskaia entsiklopedia: Litsa Moskvi |
Mikhail Mikhailovich Bakhtin (en ruso: Михаи́л Миха́йлович Бахти́н), nado en Orel o 17 de novembro de 1895 e finado en Moscova o 7 de marzo de 1975, foi un pensador, filósofo, crítico literario e semiólogo ruso que tivo unha influencia significativa[1] no pensamento occidental en teoría literaria, ética, filosofía da linguaxe e como teórico da cultura e arte europea.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Bakhtin medrou en Vilnius e Odesa, estudou filoloxía e literatura clásica na Universidade de San Petersburgo. Xa en 1918 Bakhtin comezou a formar a súa propia escola de pensamento, nesa data formáronse o que se deu en coñecer como o círculo Bakhtin[2], e que eran xuntanzas de intelectuais que compartían gran variedade de intereses como a filosofía alemá, a física contemporánea, e cuestións significativas na vida social e máis especificamente na creación artística, poñendo en valor o xeito que a linguaxe rexistraba os conflitos entre os grupos sociais. Os seus escritos inspiraron especialistas que traballaron en diferentes campos (marxismo, semiótica, estruturalismo, crítica relixiosa) e máis en disciplinas tan diversas como crítica literaria, historia, filosofía, antropoloxía e psicoloxía. Malia que Bakhtin participou nos debates sobre estética e literatura que tiveron lugar na Unión Soviética da década de 1920, a súa posición non se coñecería ben ata que o redescubriron os eruditos rusos da década de 1960, xa que debido á purgas de Stalin arrestárono en 1929 pasando os seis anos seguintes desterrado en Kustanai (Kazakhstán). Durante o ano 1929 e mentres permanecía detido nun hospital editouse o primeiro libro que publicaba co seu nome, ПРОБЛЕМЫ ТВОРЧЕСТВА ДОСТОЕВСКОГО ("Problemas na arte de Dostoievski") e foi precisamente a súa reedición en 1963 a que marcaría o seu redescubrimento.