Abrazar, estender e extinguir

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Abrazar, estender e extinguir (Embrace, extend and extinguish en inglés) [1], ás veces Abrazar, estender e exterminar ou, máis simplemente, Abrazar e estender, é un slogan aparentemente utilizado internamente por Microsoft Corporation para describir a súa estratexia de introdución de produtos, utilizando standards amplamente utilizados, para estender eses standars con solucións propietarias e finalmente utilizar esas diferenzas e a súa posición no mercado en detrimento da competencia [2]. A frase apareceu nunha canción dun empregado anónimo de Microsoft e foi utilizada durante a "guerra dos navegadores" para enfrontarse a Netscape, Java e a Internet.

A estratexia[editar | editar a fonte]

Esta suposta estratexia ten tres fases:

  1. Abrazar: Desenvolver software esencialmente compatíbel co dun produto da competencia ou un standard público.
  2. Estender: Engadir e promocionar características que non fan parte do standard ou que non ten a competencia, creándolles intencionadamente problemas de interoperabilidade aos usuarios que pretendan ser neutrais.
  3. Extinguir: Cando as extensión se converten nun standard de facto por causa do seu dominio do mercado, marxinalízanse os competidores que non utilicen as extensións de Microsoft e créanse obstáculos para os novos competidores.

O Departamento de Xustiza dos Estados Unidos e os opositores a Microsoft [3] aseguran que o obxectivo desta estratexia é lograr o monopolio nunha categoría de produtos. Microsoft afirma que a estratexia non é anti-competitiva senón un exercicio da súa capacidade de innovación.

Exemplos[editar | editar a fonte]

Durante a "guerra dos navegadores", Microsoft engadiu a posibilidade de que o Internet Explorer funcionase cos controis ActiveX para rachar a compatibilidade con Netscape Navigator, que utilizaba compoñentes baseados en Java e nun sistema de extensións propios. A respecto de Java, Microsoft omitiu a Interface Nativa de Java e incluíu J/Direct para a mesma función co fin de evitar que se convertese na plataforma de desenvolvemento principal en Windows.

As distintas versións do Internet Explorer non seguen as normas padrón de HTML tal e como as enuncia o World Wide Web Consortium.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Containing Microsoft, artigo onde se recolle a expresión.
  2. Definición Arquivado 07 de setembro de 2008 en Wayback Machine., en Nation Master
  3. Nova en ZDNet Arquivado 12 de abril de 2009 en Wayback Machine.; "O vicepresidente de Intel, Steven McGeady, testificou a tarde do luns contra a parella empresarial máis imporante da súa compañía, acusando a Microsoft de negar aos consumidores o acceso a novas tecnoloxías por mor do férreo control do seu monopolio no sistema operativo de ordenadores persoais".