Windows 98

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Windows 98
Desenvolvedor Microsoft
Familia de S.O. Windows
Lanzamento 25 de xuño de 1998
Precedido por Windows 95
Sucedido por Windows ME

Windows 98 é un sistema operativo que Microsoft lanzou ao mercado o 25 de xuño de 1998. Basicamente era unha revisión de Windows 95, e como el era híbrido entre os 16 bit e os 32 bit pero máis grande e lento. A primeira versión tivo problemas de compatibilidade e de estabilidade que se traducían en que o ordenador quedábase bloqueado e aparecese unha pantalla azul para indicar un fallo. Tiña soporte para AGT, USB e podíase conectar a múltiples monitores.

O 10 de xuño de 1999 saíu Windows 98 Second Edition que solucionaba moitos dos pequenos fallos da primeira versión.

Anécdota[editar | editar a fonte]

A pantalla de "erro azul" á que se fai referencia deixouse ver o día da presentación do Windows 98 ao público, mentres un colaborador de Bill Gates ensinaba como instalar unha impresora o sistema amosou o famoso erro mentres o publico asistente ría e Bill Gates e o colaborador non sabían que dicir.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.