Aecio
Aecio | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | anos 390xuliano, 395 e c. anos 390xuliano |
Lugar de nacemento | Silistra |
Falecemento | 21 de setembro de 454 |
Lugar de falecemento | Ravenna |
Nacionalidade | Imperio Romano de Occidente e Roma Antiga |
Ocupación | político e militar |
Pai | Flavio Gaudencio |
Cónxuxe | valor descoñecido e Pelagia |
Fillos | Carpilio, Aetia e Gaudentius |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Flavio Aecio, (en latín, Aetius) nado en Durostorum, Mesia, no 396 e finado en Rávena o 21 de setembro do 454, foi un xeneral romano.
Orixinario da provincia de Moesia, era fillo do magister equitum Gaudencio e da dama Aurelia. Os primeiros anos de aprendizaxe pasounos como refén de Alarico I, o que lle permitiu coñecer o modo de pensar e loitar dos godos. Serve á súa vez como magister equitum nas Galias durante a xefatura militar de Félix, ata que no 433 alcanza el mesmo a dita maxistratura de magister militum.
Precedido por mediocres e efémeros predecesores, Aecio destaca no seu cargo por ser quen de poñer orde nun caótico Imperio de Occidente que está en proceso de derrube. Protexe Italia e detén a expansión dos bárbaros: frea aos visigodos na Galia e reduce aos burgundios en Savoia. Outras decisións son mal recibidas, pero inevitábeis, como o recoñecemento do asentamento vándalo no norte de África.
Pero a súa campaña máis notábel, a que lle ha valer para a historia o sobrenome de "o derradeiro romano", será a que dirixirá contra os hunos. Sentíndose insultado o seu caudillo Atila polo emperador Valentiniano III ante o rexeitamento da petición de man da súa irmá Honoria, lánzase a destruír Roma. Para isto convoca unha gran confederación de tribos escitas, sármatas, xépidas, ostrogodas, alanas, que se unen aos hunos na súa marcha. Pero Aecio dirixindo maxistralmente, a francos, vándalos, visigodos e as tropas romanas que quedan acada unha gran vitoria nos Campos Cataláunicos no ano 451: é a última gran batalla do Imperio de Occidente.
Para a súa desgraza, esta gran vitoria halle valer a envexa do emperador, que, abrigando sospeitas dunha hipotética pretensión ao trono, ordena matalo no 454.[1][2] Posteriormente, a intriga vólvese contra o propio Valentiniano, que é asasinado un ano despois por seguidores de Aecio.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aecio |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Heather, Peter (2005). La caída del imperio romano (en castelán). Barcelona: Crítica/Círculo de Lectores. ISBN 978-84-672-3049-9.
- Maier, Franz George (1986). Las transformaciones del mundo mediterráneo. Siglos III-VIII. Colección: Historia universal Siglo XXI (en castelán). Madrid: Editorial Siglo XXI. ISBN 968-23-0887-9.