Convenio sobre a diversidade biolóxica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Convenio sobre a diversidade biolóxica foi adoptado o 22 de maio de 1992 en Nairobi. Posteriormente, o 5 de xuño de 1992 e dentro da Conferencia das Nacións Unidas sobre Medio Ambiente e Desenvolvemento (CNUMAD), que tivo lugar no Río de Xaneiro, Brasil, máis de 150 países asinaron este convenio xunto coa Convención Marco das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático (UNFCCC). Constitúe un dos instrumentos ambientais internacionais máis importantes que entrou en vigor o 29 de decembro de 1993.

Está coidadosamente equilibrado, vinculando xuridicamente ás partes e á consecución dos seus tres obxectivos principais que son os seguintes, mencionados todos eles no primeiro artigo:

  • Conservación da diversidade biolóxica.
  • Utilización sostible dos compoñentes de dita diversidade biolóxica.
  • Participación xusta e equitativa nos beneficios derivados da utilización dos recursos xenéticos.

Partes[editar | editar a fonte]

O Convenio sobre a diversidade biolóxica foi asinado por 190 Estados parte, dos cales 168 o ratificaron[1], incluída España que o ratificou o 16 de novembro de 1993[2], e onde entrou en vigor tamén o 29 de decembro de 1993.

Obxecto[editar | editar a fonte]

O Convenio aborda a diversidade biolóxica de xeito integral, definíndoa no artigo 2 como:

Por "diversidade biolóxica" enténdese a variabilidade de organismos vivos de calquera fonte, incluídos, entre outras cousas, os ecosistemas terrestres e mariños e outros ecosistemas acuáticos e os complexos ecolóxicos dos que forman parte; comprende a diversidade dentro de cada especie, entre as especies e dos ecosistemas

Un dos avances máis importantes foi o recoñecemento por vez primeira de que a conservación da biodiversidade é un interese común, é dicir, de toda a humanidade, e unha parte importante no proceso de desenvolvemento do planeta, no que a muller desempeña unha importante función polo que debe participar plenamente na formulación e execución das políticas e medidas de conservación.

Ademais, o Convenio propón regras para asegurar o uso sustentábel da biodiversidade, unha distribución xusta dos beneficios procedentes do uso de recursos xenéticos, a expansión da biotecnoloxía, acceso á transferencia da tecnoloxía, avaliación do impacto ambiental, subministración de recursos financeiros...

Funcionamento[editar | editar a fonte]

Para o seu funcionamento, o convenio prevé a existencia dos seguintes órganos:

  • Conferencia das Partes (COP): Reúne aos representantes dos Estados Partes xunto coas ONGs, as Nacións Unidas, os seus organismos especializados e calquera Estado que non sexa Parte no Convenio, sendo o máximo órgano do mesmo.
As súas funcións se atopan definidas no artigo 23.4 do Convenio podendo resaltar as seguintes: Examina a aplicación do convenio, pode establecer grupos de traballo, examinará e adoptará protocolos, emendas e anexos adicionais ao Convenio, establecerá órganos de asesoramento científico e técnico, aproba os orzamentos. As decisións no seo da Conferencia se adoptan por consenso. A Conferencia se reúne ordinariamente cada dous anos (inicialmente era cada ano, pero desde 1998, as reunións ordinarias son cada dous anos) e extraordinariamente cando o soliciten, polo menos, un terzo, das Partes.
  • A Secretaría Executiva: Inicialmente se fixou en Xenebra, Suíza. Porén, dende 1996, foi trasladada a Montreal, Canadá. A Conferencia designou ao Programa das Nacións Unidas para o medio ambiente (PNUMA) como a organización internacional competente para exercer as funcións da Secretaría.
  • Órgano subsidiario de asesoramento científico, técnico e ecolóxico (SBSTTA): Trátase dun órgano composto por representantes gobernamentais, ONGs e observadores, que se reúne anualmente co fin de proporcionar informes, avaliacións científicas e técnicas e asesoramento sobre tecnoloxías e programas científicos á Conferencia.
  • Grupos de traballo: Integrados por representantes e expertos designados polos gobernos, teñen como finalidade elaborar directrices para aplicar disposicións do Convenio en materias específicas. Na actualidade, hai tres grupos:
  1. Grupo de Traballo en Acceso a Recursos Xenéticos e Distribución de Beneficios (WG-ABS): co fin de pór en práctica as disposicións asociadas ao acceso a recursos xenéticos e distribución de beneficios dos artigos 15, 16, 19 e 22.
  2. Grupo de Traballo sobre o Artigo 8.(j) e Disposicións Conexas (WG-8j): outorga protección as prácticas das comunidades indíxenas e locais.
  3. Grupo de Traballo sobre a Revisión da Posta en Práctica do Convenio (WG-RI): creado no ano 2004 co fin de avaliar os resultados conseguidos na aplicación do Convenio e os logros que conduzan ao obxectivo de 2010.

Aplicación na UE[editar | editar a fonte]

A UE aprobou a aplicación do Convenio mediante a Decisión do Consello de 25 de outubro de 1993, relativa á celebración do Convenio sobre a diversidade biolóxica[3].

Co obxectivo de aplicar o artigo 6 do Convenio, a UE[4] o 4 de febreiro de 1998 aprobou un plan con medidas xerais para impulsar a conservación e a utilización sostíbel da biodiversidade.

O Proceso de Cardiff, iniciado en 1998, ofrece un mecanismo para a integración dos factores medioambientais en sectores clave da política da UE. No ano 2001 iniciáronse catro importantes plans de acción de biodiversidade, sobre a conservación dos recursos naturais, agricultura, pesca e cooperación económica e desenvolvemento. Nese ano, os Xefes de Estado e de Goberno aprobaron en Gotemburgo (Suecia) unha estratexia de desenvolvemento sostíbel: Deter o declive da biodiversidade na UE en 2010.

Rede Natura 2000: Se coñece con este nome a participación da UE na rede global de áreas protexidas (terrestres e mariñas) que poidan ser xestionadas de forma eficaz e que se establecera no ano 2004 como un programa de traballo da Conferencia. Se basea na Directiva europea de Hábitats (1992) que esixía o establecemento de ZEC (zonas especiais de conservación) e na Directiva europea de Aves (1979) que esixía o establecemento de ZPE (Zonas de protección especial), co fin de incorporar os lugares máis destacados de Europa en canto a biodiversidade e garantir a conservación das especies e dos hábitats.

Efeméride[editar | editar a fonte]

As Nacións Unidas fixaron o 22 de maio como o día Internacional da biodiversidade.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]