Saltar ao contido

O prezo de Hollywood

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O prezo de Hollywood
 Título
What Price Hollywood? Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Movemento
 Xénero
 Lingua orixinal
 Cor
 Formato de imaxe
Autoría
 Director/a
 Compositor/a
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
 Deseñador/a produción
Temática
 Ambientado en
Publicación
 Data de publicación
2 de xuño de 1932 Editar o valor en Wikidata
 Produtor/a
 Produtor/a executivo
 Compañía produtora
 Distribuidor/a
 Puntuación da crítica
83% Rotten Tomatoes (30 de agosto de 2025)
7.1/10 Rotten Tomatoes (7 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
 Nomeamentos
Dimensións
 Duración
1 hora e 28 minutos Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Fontes e ligazóns
Redes
IMDB: tt0023686 Filmaffinity: 576237 Allocine: 117956 Rottentomatoes: m/what_price_hollywood Allmovie: v54038 TCM: 3428 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O prezo de Hollywood (en inglés: What Price Hollywood?) é un filme estadounidense de 1932 dirixido por George Cukor e protagonizado por Constance Bennett e Lowell Sherman. O guión é obra de Gene Fowler, Rowland Brown, Jane Murfin e Ben Markson, e baséase na historia de Adela Rogers St. Johns e Louis Stevens. O resto do elenco está composto por Neil Hamilton, Gregory Ratoff, Brooks Benedict, Louise Beavers e Eddie "Rochester" Anderson.

A camareira do Brown Derby Mary Evans é unha aspirante a actriz que ten a oportunidade de coñecer o director de cinema Maximillan Carey cando o atende unha noite. Está moi bébedo pero séntese engaiolado pola moza e invítaa a unha estrea no Grauman's Chinese Theatre.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Produción

[editar | editar a fonte]

O título orixinal do filme era The Truth about Hollywood. Adela Rogers St. Johns baseou vagamente o argumento nas experiencias da actriz Colleen Moore e do seu marido, o produtor alcohólico John McCormick (1893-1961), e na vida e morte do director Tom Forman, que se suicidou tras unha crise nerviosa.[1]

O produtor David O. Selznick quería a Clara Bow como protagonista feminina,[2] mais os executivos de RKO en Nova York dubidaban en investir nunha historia de Hollywood porque proxectos similares fracasaran no pasado. Cando Selznick os convenceu de que o filme tiña potencial, Bow estaba a traballar noutro filme.[3]

Catro anos despois da estrea do filme, Selznick achegouse a Cukor e pediulle que dirixise a versión de 1937 de Naceu unha estrela protagonizada por Janet Gaynor e Fredric March. A trama era tan semellante a O prezo de Hollywood que Cukor rexeitou o ofrecemtno. Os directivos de RKO consideraron presentar unha demanda de plaxio contra Selznick International Pictures debido ás evidentes similitudes na historia, mais finalmente optaron por non emprender accións legais.[4][5] Posteriormente, Cukor dirixiu unha versión musical de A Star Is Born en 1954 protagonizada por Judy Garland e James Mason.

  1. "What Price Hollywood?". TVGuide.com. Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2013. Consultado o 17 de xuño de 2021. 
  2. Smyth, J. E. (1 de xuño de 2006). "Hollywood 'Takes One More Look': Early Histories of Silent Hollywood and the Fallen Star Biography, 1932–1937". Historical Journal of Film, Radio and Television 26 (2): 179–201. ISSN 0143-9685. doi:10.1080/01439680600691701. 
  3. Behlmer, Rudy, Memo from David O. Selznick. New York: The Viking Press 1972
  4. McGilligan, Patrick, George Cukor: A Double Life (Nova York: St. Martin's Press, 1991) ISBN 0-312-05419-X
  5. Levy, Emanuel, George Cukor: Master of Elegance (Nova York: William Morrow & Company, 1994) ISBN 0-688-11246-3

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]