A carga dos xinetes indios
| A carga dos xinetes indios | |||
|---|---|---|---|
|
Título
| |||
|
Instancia de
| |||
|
Xénero
| |||
|
Lingua orixinal
| |||
|
Cor
| |||
| Autoría | |||
|
Director/a
| |||
|
Compositor/a
| |||
|
Guionista
| |||
|
Director/a fotografía
| |||
|
Editor/a de cine
| |||
|
Actores
Ralph Brooks (en)
Neville Brand (pt) Lane Chandler James Brown Onslow Stevens Steve Brodie Ron Hagerthy (pt) Paul Picerni Dick Wesson (pt) Henry Kulky (pt) Fred Kennedy Vera Miles Frank Lovejoy (pt) Helen Westcott James Brown (pt) Dub Taylor Carl Andre Fay Roope (pt) Guy Madison (pt) | |||
| Publicación | |||
|
Produtor/a
| |||
|
Compañía produtora
| |||
|
Distribuidor/a
| |||
| Datas | |||
| |||
| Dimensión | |||
| |||
| Localización | |||
| |||
| Identificadores | |||
| |||
| Fontes e ligazóns | |||
| Wikidata | |||
A carga dos xinetes indios (en inglés: The Charge at Feather River) é un filme estadounidense do oeste de 1953 dirixido por Gordon Douglas. Estreouse orixinalmente en 3D con moitas frechas, lanzas e outras armas voando directamente sobre o público en varias escenas.[1] O filme é notable por ser a orixe do "berro Wilhelm",[2] un efecto de son empregado na serie de filmes A guerra das galaxias,[3] así como moitas outros filmes como Indiana Jones,[4] debuxos de Disney e os filmes de The Lord of the Rings.[5] En febreiro de 2018 anunciouse que Star Wars xa non usaría o berro Wilhelm.[6][7] O deseñador de son Ben Burtt foi quen lle deu o nome polo "Pvt. Wilhelm", un personaxe menor no filme que emite o famoso berro despois de ser alcanzado por unha frecha (aínda que a gravación realmente se orixinou na película de Gary Cooper Distant Drums en 1951). Cando o filme se proxectou na Segunda Exposición Mundial 3-D no Egyptian Theatre de Hollywood en 2006, gran parte do público experto no cinema rompeu en aplausos cando o soldado Wilhelm berrou.
Estreouse en galego o 3 de agosto de 2006 a través da TVG.[8]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Guy Madison como Miles Archer
- Frank Lovejoy como Sarxento Charlie Baker
- Helen Westcott como Anne McKeever
- Vera Miles como Jennie McKeever
- Dick Wesson como Soldado Cullen
- Onslow Stevens como Grover Johnson
- Steve Brodie como Soldado Ryan
- Ron Hagerthy como Johnny McKeever
- Fay Roope como Tenente Coronel Kilrain
- Neville Brand como Soldado Morgan
- Henry Kulky como Soldado Smiley
- Lane Chandler como Soldado Zebulan Poinsett
- Fred Carson como xefe Thunder Hawk
- James Brown como Soldado Connors
- Ralph Brooks como Soldado Wilhelm (voz dos berros de Sheb Wooley)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Erick, Hal. "The Charge at Feather River". Allrovi. Rovi Corp. Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2013. Consultado o 1 de agosto de 2018.
- ↑ Valjak, Domagoj (23 de abril de 2018). "The origin of the Wilhelm scream, the most famous sound effect in the history of cinema". The Vintage News. Consultado o 24 de agosto de 2018.
- ↑ Jung, Pea (29 de agosto de 2016). Xmas Wars - Crazy about Han. Traducido por Forsdick, Charlotte. Babelcube Inc. p. 33. ISBN 9781507150726.
- ↑ Winters, Patrick (23 de xaneiro de 2017). Sound Design for Low & No Budget Films. Taylor & Francis. p. 61. ISBN 9781317557937.
- ↑ Malone, Lee Gjertsen (23 de febreiro de 2016). The Last Boy at St. Edith's. Simon and Schuster. p. 55. ISBN 9781481444378.
- ↑ Kurp, Josh (21 de febreiro de 2018). "A 'Star Wars' Tradition Dating Back To The Original Movie Has Been Retired". Uproxx. Consultado o 24 de agosto de 2018.
- ↑ Dillon, Ananda (21 de febreiro de 2018). "Star Wars Has Abandoned the Iconic Wilhelm Scream". CBR.com. Consultado o 24 de agosto de 2018.
- ↑ La Voz de Galicia, 3 de agosto de 2006. Páx. 58